Desenvolvedor | Be Inc., |
---|---|
Lanzamento | Outubro de 1995 |
En galego | Non |
Tipo de núcleo | Monolítico |
Licenza | Privativo |
Última versión estable | R5.0.3, 9 de agosto de 2000 |
Estado actual | Finalizado |
Sucedido por | Haiku |
Sitio web | www.beincorporated.com |
BeOS é un sistema operativo privativo para computadoras que comezou a desenvolver a compañía Be Inc. na década de 1990 para as súas computadoras BeBox[1] e que se deixou de desenvolver en 2012.
Deseñouse buscando que fose un escritorio para o deseño gráfico e que tivese unha interface gráfica clara e fácil de empregar. Incluíu o sistema de ficheiros BFS, que contaba con rexistro de transaccións de ficheiros de 64 bits, e multiprocesado simétrico.[2][3]
A comezos do 2000 BeOS chegou a colocarse como unha plataforma multimedia con posibilidades de competir con Mac OS ou Microsoft. Mesmo Apple chegou a considerar a súa adquisición para formar a base de OS X.[4]
Porén, BeOS nunca acadou unha porcentaxe de uso importante e Be Inc. foi comprada por Palm Inc. En 2012 liberouse o código fonte de BeOS e o seu desenvolvemento continuou grazas a un grupo reducido de desenvolvedores, sen finalidade comercial. A ese novo proxecto é de código aberto déuselle un novo nome: Haiku.[5]
Este artigo sobre informática é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |