Bayer Giants Leverkusen | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | ProA |
Fundación | 1961 |
Historia | TuS Bayer 04 Leverkusen (1961−1983) TSV Bayer 04 Leverkusen (1983−2000) |
Cores | Vermello, branco |
Adestrador | Hansi Gnad |
Patrocinador | Bayer |
Localización | |
Cidade | Leverkusen, Alemaña |
Pavillón | Ostermann-Arena |
Capacidade | 3 500 |
Inauguración | 1974 |
Campionatos | |
Liga | 14 (1970−1972, 1976, 1979, 1985−1986, 1990−1996) |
Copa | 10 (1970−1971, 1974, 1976, 1986−1987, 1990, 1991, 1993, 1995) |
giants-leverkusen.de |
O Bayer Giants Leverkusen é un equipo de baloncesto profesional, parte do club polideportivo alemán TSV Bayer 04 Leverkusen con sede na cidade de Leverkusen, Renania do Norte-Westfalia. O equipo foi fundado en 1961, sendo o club máis laureado do baloncesto xermano con catorce títulos de Liga e dez de Copa.[1] Porén, en 2008, viuse forzado a descender da Basketball Bundesliga por unha redución no seu orzamento. Actualmente compite na ProA, segunda catogoría do baloncesto xermano. O equipo xoga os seus encontros como local no Ostermann-Arena, pavillón con capacidade para 3 500 espectadores.
O Bayer Giants Leverkusen foi fundado co nome de TuS Bayer 04 Leverkusen en 1961. Antes do final da década, en 1968, o club conseguiu o ascenso á máxima categoría do baloncesto alemán, a Basketball Bundesliga. Antes de mudar o seu nome a TSV Bayer 04 Leverkusen en 1983, o club gañou cinco Ligas e catro Copas de Alemaña. De feito, o Bayer é o equipo máis laureado do país, contando nas súas vitrinas con catorce títulos de Liga e 10 de Copa. En 2008, a empresa farmacéutica Bayer decidiu reducir o orzamento dedicado ao patrocinio do equipo para centrarse no fútbol e no atletismo. Como consecuencia, o club vendeu a súa praza na BBL ao Düsseldorf Baskets e descendeu de categorías até chegar á ProB, terceiro nivel do baloncesto xermano.
Ano | Nivel | Liga | Posición | Copa | Competicións europeas | |
---|---|---|---|---|---|---|
1989–90 | 1 | Bundesliga | 1º | Campión | 2 Copa de Campións de Copa | R16 |
1990–91 | 1 | Bundesliga | 1º | Campión | 1 Copa de Europa | CF |
1991–92 | 1 | Bundesliga | 1º | 1 Euroliga | FG | |
1992–93 | 1 | Bundesliga | 1º | Campión | 1 Euroliga | FG |
1993–94 | 1 | Bundesliga | 1º | Semifinalist | 1 Euroliga | FG |
1994–95 | 1 | Bundesliga | 1º | Campión | 1 Euroliga | FG |
1995–96 | 1 | Bundesliga | 1º | Subcampión | 1 Euroliga | FG |
1996–97 | 1 | Bundesliga | 4º | 1 Euroliga | FG | |
1997–98 | 1 | Bundesliga | 8º | 2 EuroCup | R32 | |
1998–99 | 1 | Bundesliga | 4º | 3 Copa Korać | FG | |
1999–00 | 1 | Bundesliga | 2º | 3 Copa Korać | FG | |
2000–01 | 1 | Bundesliga | 3º | Terceiro | 1 SuproLiga | LR |
2001–02 | 1 | Bundesliga | 5º | 3 Copa Korać | R16 | |
2002–03 | 1 | Bundesliga | 8º | 4 Regional Challenge Cup North | 2º | |
2003–04 | 1 | Bundesliga | 8º | |||
2004–05 | 1 | Bundesliga | 13º | |||
2005–06 | 1 | Bundesliga | 10º | |||
2006–07 | 1 | Bundesliga | 8º | |||
2007–08 | 1 | Bundesliga | 6º | |||
2008–09 | 4 | 1. Regionalliga | 1º | |||
2009–10 | 3 | ProB | 7º | |||
2010–11 | 3 | ProB | 8º | |||
2011–12 | 3 | ProB | 11º | |||
2012–13 | 3 | ProB | 5º | |||
2013–14 | 2 | ProA | 13º | |||
2014–15 | 2 | ProA | 14º | |||
2015–16 | 2 | ProA | 15º | |||
2016–17 | 3 | ProB | 4º | |||
2017–18 | 3 | ProB | 8º | |||
2018–19 | 3 | ProB | 1º | |||
2019–20 | 2 | ProA | 5º | |||
2020–21 | 2 | ProA | 2º |