Batman e Robin | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Batman & Robin |
Director | Joel Schumacher |
Produtor | Peter MacGregor-Scott |
Guión | Akiva Goldsman |
Baseado en | Batman de Bob Kane |
Intérpretes | George Clooney Chris O'Donnell Arnold Schwarzenegger Uma Thurman Alicia Silverstone Pat Hingle Michael Gough |
Música | Elliot Goldenthal |
Fotografía | Stephen Goldblatt |
Montaxe | Dennis Virkler Mark Stevens |
Estudio | PolyGram Filmed Entertainment DC Entertainment |
Distribuidora | Warner Bros. |
Estrea | 20 de xuño de 1997 12 de outubro de 2008 (TVG) |
Duración | 125 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Acción, fantasía |
Orzamento | $140 000 000[1] |
Recadación | $238 207 122 |
Filme anterior | Batman Forever |
Na rede | |
http://www.warnervideo.com/batmanmoviesondvd | |
Batman e Robin (en inglés: Batman & Robin) é un filme estadounidense dirixido por Joel Schumacher que se estreou en 1997. Estreouse en galego na TVG o 12 de outubro de 2008.[2]
Os experimentos do doutor Victor Fries para conserva-la vida da súa esposa con técnicas crioxénicas, orixinaron un erro fatal que o converteu en Míster Frío, un malvado que precisa manter o seu corpo a temperaturas glaciais e que intentará conxelar a tódolos habitantes da cidade de Gotham. Ademais, a tímida botánica Pamela Isley transfórmase na terrible Hedra Velenosa no transcurso dun experimento, quen quererá asasinar a tódolos seres humanos para que as plantas recuperen a súa hexemonía sobre a Terra. Batman e o seu compañeiro Robin deberán enfrontarse a eles para facer fracasar os seus plans.