Barbara West
Nacemento24 de maio de 1911
Lugar de nacementoBournemouth
Falecemento16 de outubro de 2007
Lugar de falecementoTruro
NacionalidadeReino Unido e Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda
RelixiónIgrexa Anglicana
Alma máterTruro High School
Na rede
WikiTree: West-5064
editar datos en Wikidata ]

Barbara Joyce West Dainton, nada o 24 de maio de 1911 en Bournemouth (Dorset) e finada o 16 de outubro de 2007 en Camborne, foi unha das dúas últimas superviventes do naufraxio do RMS Titanic.

Traxectoria

Contaba con 10 meses e 22 días de vida cando o Titanic chocou contra un iceberg o 15 de abril de 1912 no seu traxecto de Southampton a Nova York.

Era a segunda filla de Edwy Arthur West e Ada Mary Worth. A súa irmá máis vella era Constance Mirium. A familia West abordou o RMS Titanic en Southampton (na área de segunda clase). Barbara, a súa nai e a súa irmá Constance, escaparon no bote número 10. O pai de Barbara non sobreviviu. Unha vez en Nova York abordaron o Celtic e regresaron a Inglaerra, onde Ada tivo unha terceira filla.

Casou en 1952 con William Ernest B. Dainton. Faleceu o 16 de outubro nunha residencia para anciáns en Camborne, Inglaterra. O funeral foi o 5 de novembro de 2007 na Catedral de Truro.

A outra supervivente do desastre foi Millvina Dean, nacida en Hampshire (Inglaterra), morreu no 2009.