Infotaula de personaBaldo Ramos

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de xaneiro de 1971 Editar o valor em Wikidata (53 anos)
Celanova, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta , escultor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

BNE: XX1538123 AELG: 142 Dialnet: 1962530

Baldomero Fernández Ramos, nado en Celanova o 1 de xaneiro de 1971, é un poeta e artista plástico galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Cultiva a súa vocación artística dende os 17 anos, cando comeza a escribir poesía. Remata a carreira de Filoloxía Hispánica na Universidade de Santiago de Compostela no 1994, na que tamén cursa o Doutoramento en Literatura Española e Hispanoamericana.

Traballa desde 2011 no IES de Sar en Santiago de Compostela como catedrático de Lingua castelá e literatura[1].

Comezou a pintar no ano 1993 pola necesidade de establecer pontes entre a escrita e a plástica[2], expoñendo por primeira vez no ano 1994 en Santiago de Compostela. Ten colaborado como poeta e ensaísta en diferentes iniciativas editoriais como Grial, Anuario de Estudios Galegos, Ólisbos, Casa da Gramática, Río Arga, Luces y sombras ou Dorna; e como ilustrador de obras literarias para Follas Novas Edicións, Centro Ramón Piñeiro, Espiral Maior, Dorna, Boletín Galego de Literatura, Faktoría K ou Kalandraka.

A súa poesía é pouco xenerosa verbalmente, pero non así en canto ao rango de emocións profundas que expresa. Pertence á líña emerxente de autores mozos que, a través do seu intenso labor, renovaron a poesía galega[3], sendo considerado pola crítica unha das voces máis destacadas da poesía galega contemporánea.

Ten colaborado con numerosos artistas e escritores en proxectos que propician a experimentación e a mestizaxe de códigos artísticos, como co escultor Caxigueiro, cos poetas Xosé María Álvarez Cáccamo e Eva Veiga, co gravador Carlos González Villar ou cos fotógrafos Carlos Lorenzo e Nachok.

A súa obra poética aparece en antoloxías como Enfocarte (ed. Teresa Seara, 2002), Poetas en blanco y negro (ed. Amalia Iglesias Senra, Abada Editores, Madrid, 2006), Antología 30 (ed. Inmaculada Murcia Serrano e Antonio Molina Flores, Pre-Textos, Valencia, 2009), Veinte puntos de fuga (ed. Teresa Seara, El perro y la rana, Caracas, 2011), Antoloxía de referencia (ed. Carlos Arias-Mariña Pérez Rei, Editorial Bubela, Santiago de Compostela, 2012), Novas de poesía. 17 poetas (ed. Ana Gorría, Fundación Uxío Novoneyra, Lugo, 2013) ou Migrant Shores (ed. Manuela Palacios, Salmon Poetry, County Clare-Ireland, 2017).

É autor de máis de douscentos libros de artista de exemplar único, nos que ten empregado todo tipo de formatos, materiais e técnicas.

Obra literaria en galego

[editar | editar a fonte]
Libraría Paz, Pontevedra, 31/05/2018

Poesía

[editar | editar a fonte]
Con Lorena Conde en Pontevedra, 31/05/2018

Libros de artista (selección)

[editar | editar a fonte]

Obras colectivas

[editar | editar a fonte]

Traballos como ilustrador (selección)

[editar | editar a fonte]

Premios

[editar | editar a fonte]

Obra literaria en castelán

[editar | editar a fonte]

Poesía

[editar | editar a fonte]

Libros de artista (selección, todos eles exemplares únicos)

[editar | editar a fonte]

Premios

[editar | editar a fonte]

Obra pictórica

[editar | editar a fonte]

Exposicións individuais

Exposicións colectivas (selección)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Notas

[editar | editar a fonte]
  1. "Baldo Ramos". aelg.gal. Consultado o 31/05/2018. 
  2. Lorenzo, Carlos. "Recursos didáctico sobre Baldo Ramos" (PDF). Vértice de versos. Consultado o 31/05/2018. 
  3. "Baldo Ramos". Poemas del Alma. Consultado o 31/05/2018. 
  4. "Cartas dende o esquenzo". Editorial Galaxia. Consultado o 31/05/2018. 
  5. Seara, Xosé Antonio (outubro, novembro, decembro 2019). "Fundación da permanecia". Grial LVII (224): 107. ISSN 0017-4181. 
  6. Seara, Teresa (Xullo, agosto, setembro 2020). "Certeza e anunciación". Grial. LVIII (227): 68–69. ISSN 0017-4181. 
  7. "Memoria poética". 14/04/2023. Consultado o 19/04/2023. 
  8. "Posta de largo do libro de poesía “Aires de Pedra”". 16/04/2023. Consultado o 19/04/2023. 
  9. "El libro ‘Aires de poesía’ incluye poemas de la escritora Anisia Miranda". 11/04/2023. Consultado o 19/04/2023. 
  10. "Os premios Losada Diéguez reivindican a figura do escritor ourensán na súa 36.ª edición". La Voz de Galicia. 2021-06-13. Consultado o 2022-04-24.