Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Balaenoptera bonaerensis Rorcual austral | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||||
Datos insuficientes[1] | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Distribución de Balaenoptera bonaerensis.
| |||||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||||
|
O rorcual austral, Balaenoptera bonaerensis, é un unha especie de mamífero mariño da orde dos cetáceos, suborde dos misticetos e familia dos balenoptéridos, unha das sete que integran o xénero Balaenoptera.
É un cetáceo de pequeno tamaño estreitamente emparentado coa especie Balaenoptera acutorostrata que habita nas augas do hemisferio austral, de aí o seu nome vulgar.
A especie foi descrita por primeira vez en 1867 polo naturalista, paleontólogo e zoólogo alemán, nacionalizado arxentino, Hermann Burmeister, en Actas Soc. Paleo., Buenos Aires: XXIV.[2]
Ademais de polo nome que lle deu Burmeister, e actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[3]
O nome específico, bonaerensis, significa 'bonaerense', é dicir, 'de Buenos Aires'. Porén, o epíteto vulgar co que se coñece, austral, é debido a que é común velo nos meses de verán en augas da Antártida. Ademais, dise así por oposición ao seu próximo parente (durante moitos anos pensouse que eran conespecíficos), o Balaenoptera acutorostrata, que se distribúe polo hemisferio boreal.
O rorcual austral, xunto co Balaenoptera acutorostrata son sas especies máis pequenas de rorcuais (a balea anana é o cetáceo misticeto máis pequeno que existe).
A súa lonxitud varía de 7,2 a 11 m, e o seu peso oscila entre 5,8 e 9,1 t. De media, as femias son aproximadamente 1 m máis longas que os machos.
A coloración do seu dorso é gris escura, e o ventre, branco.
O rorcual austral habita en todos os océanos do hemisferio sur. Durante o verán se encontra cerca da Antártida, pero se move máis cata ao norte en inverno, superponendo parcialmente así a súa área de distribución coa do Balaenoptera acutorostrata.
É unha especie que foi cazada extensivamente pola frota baleeira xaponesa, que tiña, a cambio da derrogación da moratoria sobre a caza de baleas (un "permiso especial") a cambio de ofrecer métodos máis 'humanos' para a morte deste animal, e de subministrar información científica sobre a especie, especialmente sonre a súa saúde e o contido na súa carne e en certos órganos de metais pesados e compostos organoclorados.[4][5][6][7]
Os datos sobre o estado de conservación do rorcual antártico considéranse insuficientes na lista vermella da UICN, por seren «incapaces de proporcionar estimacións confiábeis e actualizada».[1]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Balaenoptera bonaerensis |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Balaenoptera bonaerensis |