A Axenda 21 (en inglés: Agenda 21)[1] é un plan de acción non vinculante da Organización das Nacións Unidas para co desenvolvemento sustentábel como obxectivo.[2] Foi aprobado na Cimeira da Terra por 173 gobernos na "Conferencia das Nacións Unidas sobre o ambiente e desenvolvemento" que se levou a cabo na cidade brasileira Río de Xaneiro no 1992.
A Axenda 21 local é a contribución de cada concello e a súa comunidade local á sostibilidade, nun proceso aberto e participativo dirixido a mellorar a calidade de vida dos seus cidadáns, comprometéndose a actuar cara á reducir o impacto e mellorar a conservación ambiental, e mellorar o modelo social e económico do concello.
Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |