![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de abril de 1864 ![]() Ferrol, España ![]() |
Morte | 7 de setembro de 1940 ![]() Soto del Real, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xornalista , escritor ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Aurelio Ribalta Copete, nado en Ferrol o 1 de abril de 1864 e finado en Soto del Real (Madrid) o 7 de setembro de 1940, foi un escritor e xornalista galego. Foi membro correspondente da Real Academia Galega[1].
Cursou os estudos secundarios en Madrid entre 1873 e 1877. Estudou Leis e Filosofía na Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse en Madrid. En 1895 comezou o seu traballo na Administración de Facenda. Formou parte do grupo de intelectuais galeguistas establecidos na capital. Alí fundou a revista Estudios Gallegos, desde onde en 1915 realizou un chamamento para defender a lingua galega. O 5 de xaneiro de 1916 Antón Villar Ponte recolleu a chamada e comezou dende as páxinas de La Voz de Galicia unha campaña para a creación dunha Liga de Amigos do Idioma Galego.
Achegado ao rexionalismo, foi nomeado representante do Comité Regionalista de Santiago para a Xunta de Defensa de Galicia e participou nas reunións dos seus integrantes, como a da Cova Céltica. Tivo un papel relevante na constitución das Irmandades da Fala.
En 1910 realizou a súa proposta ortográfica foneticista, practicada e defendida no seu Libro de Konsagrazión. Feixe de poesías gallegas. En 1917 editou en Barcelona unha Escolma de Poesías de Rosalía de Castro.
Permanece inédita no convento de San Francisco do Val de Deus a súa obra Gramática gallega elementale, datada en 1940.
![]() ![]() Ferruxe, A Coruña, 1894, e Escolma de poesías |
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aurelio Ribalta ![]() |