Artur[1] é un nome propio masculino de orixe celta na súa variante en galego. O seu significado é "Gardián da osa", referíndose á constelación, malia poder tamén ser interpretado noutras ocasións coma "oso forte" ou "oso nobre". O Rei Artur é un personaxe moi soado da literatura europea, especialmente na inglesa, mais popular tamén na galega pola influencia céltica; e que tamén pode ser atopado na literatura latina; onde aparece coma o monarca ideal, tanto na guerra como na paz, polos seus valores como estratego da armada inglesa. Conta coa variante galega Artús.
A orixe do nome de Artur segue a ser motivo de debate. Algúns suxiren que deriva dos segundos nomes que empregaban os romanos (Artörius), de etimoloxía escura e controvertida[2][ (mais posibelmente dos mesapios[3][4][5] ou de orixe etrusca[6][7][8]).
Algúns eruditos teñen suxestionado que é relevante para este debate entender que o nome do lendario Rei Artur aparece unicamente coma Arthur, ou Arturus nos textos en latín antigo e nunca como Artörius (aínda que dialectos de latín vulgar converteron Artörius en Arturius). Porén, isto non pode explicar res sobre a orixe do nome Arthur, proveniente de Artörius. En galés, frecuentemente ao mencionar Artörius convértese en Art(h)ur.[9] Outra teoría di que o nome deriva do patronímico bretón «Arto-rīg-ios» que significa fillo do «Rei Oso» e que se atopa no nome persoal do antigo irlandés Art-ri e que pode ser unha adaptación latinizada de Artōrius.[10] Menos probábel é a proposta de derivación común do galés Arth «oso» + (g) wr «home» (antes en bretón Arto-uiros). Hai dificultades fonolóxicas con esta teoría, especialmente cando se relaciona con nomes bretóns compostos. Arto-uiros debe provir do antigo galés e Artgur do galés medio e moderno e non Arthur; Arthwr e non Arthur (na poesía galesa o nome sempre se escribe Arthur e rima exclusivamente con verbas rematadas en ur e nunca con verbas rematadas en wr o que confirma que o segundo elemento non pode ser [g]wr «home»).[11][12]
Unha última teoría, que só conseguiu unha aceptación limitada entre os eruditos,[10][13][14][15][16][17] deriva o nome de Artur do latín Arcturus, a estrela máis brillante na constelación de Boötes, achegada á Osa Maior,[18] que é a romanización do grego Αρκτοῦρος (Arktouros) e significa «gardián da osa»,[19] composta así: ἄρκτος (Arktos): «oso»[20] + οὖρος (Ouros): «vixilante ou gardián».[21] Do latín clásico Arcturus podería terse convertido en Art(h)ur que sucede cando se menciona en galés, e por mor do seu brillo e da súa posición no ceo levou á xente a ver esta estrela coma o «gardián da osa» e o «líder» das outras estrelas de Boötes.[22] Existe un nome en lingua irlandesa antiga que é Artúr, que se cre deriva directamente do dialecto galés antigo ou cúmbrico Artur.[23] A historia presenta este nome no fillo ou neto de Áedán mac Gabráin (ano 609 d.C.).
1 de setembro: Santo Artur, presbítero e mártir.
A variante galega do nome é pouco común hoxe en Galicia, as máis das veces sendo substituída pola variante castelá: Arturo. 112 varóns levan o nome de Artur en Galicia. En Cataluña, onde o nome coincide con galego a frecuencia é moito maior. Con todo a variante castelá conta en Galicia con 3032 varón, sendo a zona peninsular de maior frecuencia.[24]
Variantes noutras linguas | |
---|---|
Lingua alemá | Arthur |
Lingua aragonesa | Arturo |
Lingua armenia | Արթուր (Artur) |
Lingua asturiana | Arturu |
Lingua bretoa | Arzhur |
Lingua búlgara | Артур (Artur) |
Lingua catalá | Artur o Artus |
Lingua checa | Artur |
Lingua croata | Artur |
Lingua dinamarquesa | Arthur |
Lingua eslovaca | Artúr |
Lingua eslovena | Artur |
Lingua española | Arturo |
Esperanto | Arturo |
Lingua estoniana | Artur |
lingua éuscara | Artur |
Lingua finesa | Arttu, Artturi |
Lingua francesa | Arthür |
Lingua galesa | Arthur |
Lingua galega | Artur |
Lingua grega | Αρθούρος (Arthoúros) |
Lingua hebraica | ארתור (Arthur) |
Lingua neerlandesa | Arthur |
Lingua húngara | Artúr |
Lingua inglesa | Arthur |
Lingua irlandesa | Artúr |
Lingua islandesa | Arthur, Artúr |
Lingua italiana | Arturo |
Lingua latina | Arthurus |
Lingua letoa | Artūrs |
Lingua lituana | Artūras |
Lingua norueguesa | Artur |
Lingua polonesa | Artur |
Lingua portuguesa | Arthur, Artur |
Lingua romanesa | Arthur, Artur |
Lingua rusa | Артур (Artur) |
Lingua serbia | Артур (Artur) |
Lingua sueca | Artur |
Lingua xeorxiana | ართური (Artur) |
Bretaña | Artur I, Duque da Bretaña (1201-1203). Artur II, Duque da Bretaña (1305-1312). Artur III, Duque da Bretaña (1457-1458). |