Arcos de Valdevez é un concello do distrito de Viana do Castelo, Portugal limítrofe con Galicia, e englobado na rexión Norte e na subrexión Minho-Lima. Ten 445.89 km² de área e 24.761 habitantes (2001). Divídese en 51 freguesías. A capital é a vila de Arcos de Valdevez que ten 2.200 habitantes. Tras as eleccións de 2021, a cámara municipal está formada por 5 representantes do Partido Social Demócrata e 2 do Partido Socialista.