Aprilia é un fabricante de motocicletas pertencente ao grupo industrial italiano Piaggio. Fundouse no ano 1945 e ten a súa sede en Noale, rexión do Véneto, Italia. Ao comezo, dedicábase á venda de scooters, aínda que máis tarde pasou a desenvolver tamén motocicletas deportivas.
A empresa participa nos Campionatos do Mundo de Motociclismo de 125 cc e 250 cc, no Campionato do mundo de Superbikes e noutras competicións de motocross e supermoto. Aprilia ten logrado numerosos triunfos nas divisións menores do mundial de motociclismo, caracterizándose por experimentar novas configuracións de cilindros ao igual cá marca Ducati.