Antz | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Antz |
Director | Eric Darnell Tim Johnson |
Produtor | Brad Lewis Aron Warner Patty Wooton |
Guión | Paul Weitz Chris Weitz Todd Alcott |
Música | John Powell Harry Gregson-Williams |
Fotografía | Simon J. Smith |
Montaxe | Stan Webb |
Estudio | DreamWorks Animation Pacific Data Images |
Distribuidora | DreamWorks Pictures (a través de Universal Pictures) |
Estrea | 1998 |
Duración | 84 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Animación |
Orzamento | $105 000 000[1] |
Recadación | $171 757 863 |
Na rede | |
https://www.dreamworks.com/movies/antz | |
Antz é un filme estadounidense de animación por ordenador producido por DreamWorks Animation. Dirixido por Eric Darnell e Tim Johnson, foi estreado en 1998.
Z-4196 é tan só unha neurótica formiga obreira macho, unha máis entre as súas millóns de irmás. Despois de bailar coa princesa Bala, namórase dela, pero trátase dun amor imposible. Porén, convence a un amigo para que lle ceda o seu posto nun desfile militar para poder estar preto da princesa. A escavación dun novo túnel é supervisada polo xeneral Mandible, unha formiga ambiciosa que convence á raíña da necesidade de enviar ó batallón do formigueiro á guerra contra os térmites. Nese batallón atópase o asustadizo e covarde Z.