![]() (1954) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de xuño de 1906 ![]() San Diego, Estados Unidos de América ![]() |
Morte | 29 de abril de 1967 ![]() Berlín, Alemaña ![]() |
Causa da morte | Morte natural ![]() ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América ![]() |
Educación | Central High School (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema , director teatral , produtor de cinema , guionista , realizador ![]() |
Período de actividade | 1942 ![]() ![]() |
Lingua | Lingua inglesa ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Sara Montiel (1957–1963) Mildred Manning (pt) ![]() ![]() |
Premios | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Emil Anton Bundesmann, nado en San Diego (California) o 30 de xuño de 1906 e finado en Berlín o 29 de abril de 1967, foi un actor e director de cine estadounidense coñecido como Anthony Mann.
O seu pai, Emile Theodore Bundsmann, era un emigrante austríaco, e a súa nai Bertha Waxelbaum (apelido orixinal: Weichselbaum), proviña dunha familia xudía de Macon, Xeorxia.
Comezou a súa carreira de actor en Nova York, en salas pequenas do Off-Broadway. No 1938 trasladouse a Hollywood e en 1942 comezou a traballar como asistente de dirección. Comezou a sobresaír en Hollywood ó destacar no cinema negro clásico con filmes como He Walked by Night (1948), Railroaded!, T-Men e Raw Deal.
Tamén recibiu un significativo éxito no xénero western, especialmente nunha serie de colaboracións con James Stewart: Winchester '73, Far Horizons, The Naked Spur, The Far Country, O home de Laramie e O home do Oeste con Gary Cooper, considerado por moitos críticos como a súa obra mestra.
Os anos 60 centrouse en facer dúas grandes producións épicas co produtor Samuel Bronston: El Cid (1961) e A caída do Imperio Romano (1964).
Estivo casado con Sara Montiel, coa que traballou en Serenade xunto con outras estrelas como Joan Fontaine, Mario Lanza e Vincent Price. Polo seu traballo ten unha estrela no Paseo da Fama de Hollywood no 6229 de Hollywood Boulevard.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Anthony Mann ![]() |