Do seu relevo, tendente á horizontalidade, destaca o monte Farelo, con 951 m de altura[3], e da súa hidrografía o río Ulla, que nace na parroquia de Olveda e conta con afluentes coma o Estanco, o Fadal, o Peizal, o Medeiros, o Peibás ou o Pequeno[4].
Demografía
Censo total 2014
2.152 habitantes
Menores de 15 anos
147 (6,83 %)
Entre 15 e 64 anos
1.129 (52,46 %)
Maiores de 65 anos
876 (40,7 %)
Fonte: INE
Evolución da poboación de Antas de Ulla Fontes: INE e IGE.
1900
1930
1950
1981
2004
2009
2011
2012
2013
2014
2015
2016
2017
2018
2019
2020
2021
2022
2023
5.409
5.290
5.401
4.287
2.640
2.407
2.275
2.219
2.171
2.152
2.109
2.080
2.059
2.008
1.976
1.940
1.935
(({18))}
(({19))}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)
Historia
O Neolítico: os primeiros poboadores
Crese que os primeiros poboadores do territorio que na actualidade ocupa o Concello de Antas de Ulla se asentaron nesas terras no período Neolítico.
O Megalitismo
De especial interese é o Megalitismo, xa que son moitas as antas (tamén chamadas mámoas, modias ou dolmens) que podemos atopar no Concello, aínda que ningunha está escavada. De feito, crese que é da civilización megalítica da que provén o topónimo (anta). Ademais, tamén existe na capital do Concello o chamado Campo das Antas cuxo nome se pode deber aos numerosos dolmens existentes na zona[4]. Neste lugar construíuse unha capela cristiá e, dalgún xeito, cristianízase tamén o seu nome pola confusión que na pronuncia pode haber entre Campo das Antas e Campo das Santas.
O Bronce
Do Bronce inicial ou Protoatlántico consérvanse unhas espirais de prata rectangulares, que se poden ver no Museo Provincial de Pontevedra[4].
A arte rupestre: os petróglifos do Monte Farelo
A medio camiño entre a Idade de Bronce e a Cultura castrexa é onde se sitúa unha arte rupestre fortemente relacionada co comercio do metal, da que destacan os petróglifos. Os petróglifos que hoxe podemos atopar no Monte Farelo son as mostras desta arte rupestre máis afastadas da costa que atopamos en Galiza e tamén as mellor conservadas.
Son un total de 54 petróglifos que presentan formas de catro tipos: cazoletas, combinacións circulares, espirais e labirintos.
Destes, 22 foron descubertos en 2003 pola investigadora Cristina Varela Cadahía. Con todo, a maioría do conxunto está sen catalogar e o último estudo publicado sobre el, que data de 2000 (María José Bóveda e María Paz Blanco), só se refire a 16 petróglifos. Ademais, non se tomou ningunha medida para protexelos nin están debidamente sinalados.
A Cultura castrexa
O mundo castrexo, que se estende desde o século IV a.C. até a caída do Imperio Romano no 476 d.C., tamén deixou unha importante pegada no Concello de Antas de Ulla. De feito, o centro de Galiza é un dos lugares do país no que son máis abundantes estes asentamentos. Son moitos os castros que podemos atopar, como é o caso do das parroquias de Santa Mariña do Castro de Amarante, Amoexa, Olveda ou o Castro de Seoane, situado na capitalidade do Concello no lugar no que hoxe se atopan as instalacións deportivas municipais.
A construción das igrexas parroquiais do Concello datan deste período, e nelas predomina o estilo románico. Ademais, coma no resto de Galiza, son moitos os cruceiros que podemos atopar, de entre os que destaca o cruceiro de Amoexa.
Malia seren numerosas as igrexas parroquiais, o grande centro de poder no concello era o Castelo de Amarante, unha boa mostra de que en Antas de Ulla, coma no resto da Ulloa, o poder civil era máis importante có relixioso. De feito, a Ulloa é a única comarca de Galiza na que acontece isto, xa que non atopamos nesta comarca ningún mosteiro, convento ou catedral, agás o antigo convento de Vilar de Donas en Palas de Rei.
Cultura
Mapa de Antas de Ulla, Lugo.
Toponimia
Entre a súa creación en 1836 e 1916 o concello recibiu simplemente o nome de Antas, pero nese ano pasou a ser chamado Antas de Ulla para distinguilo do concello de Antas (provincia de Almería).[6] O topónimoAntas de Ulla ten dous elementos: Antas do nome común anta (dolmen ou menhir), e Ulla polo río Ulla, que tamén lle dá nome á comarca da Ulloa onde está asentada.[7]
O rexistro máis antigo do topónimo Antas nun documento en galego data de 1390. Trátase dun foro do arquivo de Vilar de Donas en que se fai referencia ao actual Antas de Ulla como Sayoane das Antas,[8] forma abreviada de San Xoán das Antas. A forma moderna, Seoane das Antas, rexístrase por primeira vez en 1473, nunha relación de bens do tombo de Pergamiño do mosteiro de Oseira.[8]
Economía
A economía da zona baséase principalmente no sector primario, agricultura e gandería. O sector primario ocupa ó 60 % da poboación. No sector gandeiro predomina a cabana vacún: a rubia galega para carne, e a raza frisoa na produción leiteira.
Os produtos elaborados máis coñecidos de Antas son:
O pan de Antas
O queixo da Ulloa
A carne
Ademais de ovos, castañas, cogomelos, espárragos e outros produtos da terra.