Infotaula de personaAnisia Miranda

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento30 de decembro de 1932 Editar o valor em Wikidata
Provincia de Ciego de Ávila, Cuba Editar o valor em Wikidata
Morte22 de outubro de 2009 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
Gres, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeCuba
España Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeXosé Neira Vilas (1957–2009)

BNE: XX1720857 Bitraga: 989

Anisia Miranda Fernández, nada en Ciego de Ávila (Cuba) o 30 de decembro de 1932 e finada en Gres, Vila de Cruces, o 22 de outubro de 2009, foi unha escritora cubano-galega en lingua galega e lingua castelá, filla adoptiva do Concello de Vila de Cruces.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi filla de Faustino Miranda, de Verea, e Teresa Fernández, de Celanova, que emigraron a Cuba en 1927. Anisia estudou Maxisterio e Xornalismo na Habana. En 1953 a familia colleu un barco que cruzou o canal de Panamá e chegou ao porto chileno de Valparaíso; desde alí, cruzaron os Andes en tren ata chegar a Buenos Aires, onde Anisia rematou Xornalismo.

Anisia e Pepe Neira nos xardíns da Facultade de Agronomía de Buenos Aires.

Nunha conferencia impartida por Ramón Suárez Picallo sobre Rosalía de Castro coñeceu o escritor galego Xosé Neira Vilas, co que casou o 21 de febreiro de 1957, ano no que xuntos fundaron a editorial e distribuidora de libros en galego Follas Novas. Na Arxentina comezou un importante vínculo coa cultura galega, recibindo clases de galegos no exilio como Eduardo Blanco Amor, Alberto Vilanova, Rafael Dieste, Antón Baltar ou Ramón de Valenzuela. Así mesmo, nesa época comezou a verter os primeiros textos de poetas americanos ao galego.

En xuño de 1961 regresou a Cuba, onde colaborou con Alejo Carpentier na revista Pueblo y Cultura e conduciu un programa de radio, sen deixar de escribir, sobre todo no ámbito da literatura infantil e xuvenil. Foi cofundadora de dúas revistas cubanas dirixidas ao público infantil: Zunzún e Bijirita.[2]

En 1972 viaxou por vez primeira a Galicia, con Neira Vilas, á beira de dous meses. Tras doce viaxes máis de ida e volta, o matrimonio, xa xubilado, regresou definitivamente a Galicia en 1992, para viviren en Gres. Desde 1992 vicepresidiu a Fundación Xosé Neira Vilas.

Obra en castelán

[editar | editar a fonte]
Otero Pedrayo e os membros das Mocidades Galeguistas de Buenos Aires en 1959. Anisia Miranda aparece no centro da fotografía.

Obra en galego

[editar | editar a fonte]

Literatura infanto-xuvenil

[editar | editar a fonte]

Con Xosé Neira Vilas

[editar | editar a fonte]

Colectivas

[editar | editar a fonte]

Notas

[editar | editar a fonte]
  1. "O Concello de Cruces nomea a Neira Vilas «Fillo predilecto» e a Anisia Miranda, «Filla adoptiva»". La Voz de Galicia (Lalín). 24/2/2005. 
  2. Salgado, Daniel (23 de outubro de 2009). "Morre a escritora cubano galega Anisia Miranda". El País. ISSN 1134-6582. Consultado o 25 de febreiro de 2019. 
  3. A primeira aventura
  4. A casa dos títeres
  5. "Memoria poética". 14/04/2023. Consultado o 19/04/2023. 
  6. "Posta de largo do libro de poesía “Aires de Pedra”". 16/04/2023. Consultado o 19/04/2023. 
  7. "El libro ‘Aires de poesía’ incluye poemas de la escritora Anisia Miranda". 11/04/2023. Consultado o 19/04/2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]