Angie Dickinson | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Angeline Brown |
Nacemento | 30 de setembro de 1931 |
Lugar de nacemento | Kulm |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Alma máter | Glendale Community College, Immaculate Heart College e Bellarmine-Jefferson High School |
Ocupación | actriz de televisión, actriz de cinema e actriz |
Cónxuxe | Burt Bacharach |
Fillos | Nikki Bacharach |
Premios | star on Hollywood Walk of Fame, Golden Globe Award de melhor atriz em série dramática e Globo de Ouro de melhor atriz revelação do ano |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Angeline Dickinson (de solteira Brown), nada en Kulm (Dacota do Norte) o 30 de setembro de 1931, é unha actriz estadounidense. Comezou a súa carreira na televisión, aparecendo en moitas series de episodios durante a década de 1950, antes de obter os papeis que a revelaron en Gun the Man Down (1956) con James Arness e o western Río Bravo (1959), polo que recibiu un Globo de Ouro como nova estrela do ano.
Na súa carreira de seis décadas, Dickinson apareceu en máis de cincuenta filmes, incluídos China Gate (1957), Ocean's 11 (1960), The Sins of Rachel Cade (1961), Jessica (1962), Captain Newman, M.D. (1963), Os asasinos (1964), The Art of Love (1965), A manda humana (1966), A queimarroupa (1967), Pretty Maids All in a Row (1971), The Outside Man (1972) e Big Bad Mama (1974).
Entre 1974 e 1978, Dickinson interpretou a sarxenta Leann "Pepper" Anderson na serie da NBC Police Woman, pola que recibiu o Globo de Ouro á mellor actriz de serie dramática e tres candidaturas aos premios Emmy. Como protagonista aparece no suspense erótico de Brian De Palma Dressed to Kill (1980).
Durante os últimos anos da súa carreira, Dickinson apareceu en varios telefilmes e miniseries, ademais de interpretar papeis secundarios en filmes como Even Cowgirls Get the Blues (1994), Sabrina (1995), Pay It Forward (2000) e Big Bad Love (2001).
Angie estivo casada con Gene Dickinson, antigo xogador de fútbol americano entre 1952 e 1960. Durante este primeiro matrimonio fíxose amiga íntima de John Kenneth Galbraith e Catherine Galbraith. As súas longas visitas a eles e a xira cando Galbraith era embaixador estadounidense na India foron contadas amplamente nas memorias del tituladas Ambassador's Journal e A Life in Our Times.
Mantivo relacións con Frank Sinatra, Dean Martin e díxose que John F. Kennedy,[1][2] o que ela negou[3] ou rexeitou falar do tema.
Dickinson mantivo o apelido tralo divorcio. Casou con Burt Bacharach en 1965, matrimonio que durou quince anos, aínda que ao final deste pasaron un tempo separados durante o que saíron con outras persoas.[4] A súa filla Lea Nikki, naceu un ano despois da voda. Nada tres meses antes de tempo, Nikki sufriu problemas de saúde crónicos, incluída discapacidade visual, e foi diagnosticada con síndrome de Asperger. Bacharach compuxo a música da súa canción "Nikki" para a súa filla, e Dickinson rexeitou moitos papeis para centrarse nela.
Dickinson e Bacharach finalmente levárona ao Wilson Center, residencia para o tratamento psiquiátrico para adolescentes en Faribault, Minnesota,[5] onde pasou nove anos. Despois, Nikki estudou xeoloxía na Universidade Luterana de California, mais a súa pobre visión evitou que a tivese como carreira. O 4 de xaneiro de 2007, Nikki suicidouse por afogamento no seu piso de Ventura County. Tiña corenta anos.[6][7]
Dickinson tivo unha relación con Glenn Ford na década de 1980.[8] Durante varios anos nos noventa, Dickinson saíu co presentador de televisión Larry King.
Nunha entrevista en 2006 na NPR, Dickinson afirmou que era demócrata.[9] Participou na campaña de Kennedy en 1960.[10]
Ano | Título | Personaxe | Notas |
---|---|---|---|
1954 | Lucky Me | Party Guest | Sen acreditar |
1955 | Tennessee's Partner | Abby Dean | |
1955 | The Return of Jack Slade | Polly Logan | |
1955 | Man with the Gun | Kitty | Sen acreditar |
1956 | Down Liberty Road | Mary | Curtametraxe |
1956 | Hidden Guns | Becky Carter | |
1956 | Tension at Table Rock | Cathy | |
1956 | Gun the Man Down | Janice | |
1956 | The Black Whip | Sally Morrow | |
1957 | Shoot-Out at Medicine Bend | Priscilla King | |
1957 | China Gate | Lucky Legs | |
1957 | Calypso Joe | Julie | |
1957 | Iuma, a carreira da frecha | Yellow Moccasin | Voz |
1958 | I Married a Woman | Screen Wife | |
1958 | Cry Terror! | Eileen Kelly | |
1959 | Río Bravo | Feathers | |
1960 | I'll Give My Life | Alice Greenway Bradford | |
1960 | The Bramble Bush | Fran | |
1960 | Ocean's Eleven | Beatrice Ocean | |
1961 | A Fever in the Blood | Cathy Simon | |
1961 | The Sins of Rachel Cade | Rachel Cade | |
1962 | Jessica | Jessica Brown Visconti | |
1962 | Rome Adventure | Lyda Kent | |
1963 | Captain Newman, M.D. | Tte. Francie Corum | |
1964 | Os asasinos | Sheila Farr | |
1965 | The Art of Love | Laurie Gibson | |
1966 | A manda humana | Ruby Calder | |
1966 | Cast a Giant Shadow | Emma Marcus | |
1966 | The Poppy Is Also a Flower | Linda Benson | |
1967 | A queimarroupa | Chris | |
1967 | The Last Challenge | Lisa Denton | |
1969 | Sam Whiskey | Laura Breckenridge | |
1969 | Some Kind of a Nut | Rachel Amidon | |
1969 | Young Billy Young | Lily Beloit | |
1971 | Pretty Maids All in a Row | Miss Betty Smith | |
1971 | The Resurrection of Zachary Wheeler | Dr. Layle Johnson | |
1971 | See the Man Run | Joanne Taylor | |
1972 | The Outside Man | Jackie Kovacs | |
1974 | Big Bad Mama | Wilma McClatchie | |
1979 | L'Homme en colère | Karen | |
1980 | Klondike Fever | Belinda McNair | |
1980 | Dressed to Kill | Kate Miller | |
1981 | Charlie Chan and the Curse of the Dragon Queen | Dragon Queen | |
1981 | Death Hunt | Vanessa McBride | |
1984 | Terror in the Aisles | Kate Miller | Imaxes de arquivo |
1987 | Big Bad Mama II | Wilma McClatchie | |
1993 | Even Cowgirls Get the Blues | Miss Adrian | |
1995 | Sabrina | Ingrid Tyson | |
1996 | The Maddening | Georgina Scudder | |
1996 | The Sun, the Moon and the Stars | Abbie McGee | |
2000 | The Last Producer | Poker Player | Cameo |
2000 | Duets | Blair | |
2001 | Pay It Forward | Grace | |
2001 | Big Bad Love | Mrs. Barlow | |
2001 | Ocean's Eleven | Boxing Spectator | Cameo Remake do filme de 1960 |
2004 | Elvis Has Left the Building | Bobette |
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Angie Dickinson ![]() |