Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de marzo de 1454 Florencia (República de Florencia) |
Morte | 22 de febreiro de 1512 (57 anos) Sevilla (Coroa de Castela) |
Causa da morte | malaria, posiblemente |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | República de Florencia |
Actividade | |
Ocupación | explorador , cartógrafo , comerciante , escritor |
Lingua | Lingua italiana |
Carreira militar | |
Rango militar | almirante |
Orde relixiosa | Orde Franciscana |
Familia | |
Cónxuxe | Maria Cerezo |
Amerigo Vespucci, nado o 9 de marzo de 1451 en Florencia e finado o 22 de febreiro de 1512 en Sevilla, foi un navegante florentino que traballou ao servizo do reino de Portugal e da Coroa de Castela. Está considerado o primeiro europeo en comprender que as terras descubertas por Cristovo Colón conformaban un novo continente. Por esta razón, o cartógrafo Martin Waldseemüller no seu mapa de 1507 utilizou o nome de "América" na súa honra como designación para o Novo Mundo. O relato a miúdo fantasioso e contraditorio das súas viaxes situárono como unha das figuras máis controvertidas da era dos descubrimentos.
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |