Modelo:Xeografía políticaAlofi
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 19°03′22″S 169°55′16″O / -19.056, -169.921Coordenadas: 19°03′22″S 169°55′16″O / -19.056, -169.921
Estado asociadoNiue Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación597 (2017) Editar o valor em Wikidata (12,84 hab./km²)
Lingua oficiallingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie46,48 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude21 m Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
UTC−11 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Páxina webniuevillage.com… Editar o valor em Wikidata

Alofi é a capital de Niue, un país situado no océano Pacífico. Ten unha poboación estimada de 639 habitantes segundo o censo realizado en 2011. A cidade está formada por dous barrios; Alofi Norte e Alofi Sur, sendo este último o máis poboado e onde se atopa a sede do goberno. Alofi ten a distinción de ser a segunda cidade capital de país máis pequena en termos de poboación (logo de Ngerulmud, capital de Palau).

Xeografía

Atópase no centro da baía Alofi na costa oeste da illa, preto do único paso no arrecife de coral que rodea a Niue a unha distancia de 2481´43 km de Auckland, capital de Nova Zelandia. A baía esténdese polo 30% da lonxitude da illa (uns sete quilómetros) desde Halagigie Point no sur ata Makapu Point no norte.

Historia

En xaneiro de 2004, o ciclón Heta matou dúas persoas e destruíu a maior parte da illa, incluíndo o hospital. Os edificios gobernamentais foron, a partir de entón, transferidos a unha área menos exposta chamada Fonauakula, que se sitúa 3 km cara ao interior da illa,[1] pero aínda dentro dos límites de Alofi Sur.

Clima

Alofi conta cun clima ecuatorial na Clasificación climática de Köppen, sen unha perceptible tempada seca. A cidade conta cunha tempada notablemente máis seca de xuño a setembro. Pero, todos estes meses cae unha media de máis de 60 mm de choiva, o límite para un mes seco. Do mesmo xeito que outras cidades con este clima, as temperaturas medias mantéñense relativamente constantes durante todo o ano, a 25 graos Celsius.

Transportes

A gran maioría das rúas da cidade atópanse pavimentadas, na cidade non existen liñas de autobús debido a que non é necesario pola súa baixa poboación, o que se que existen son autobuses que se collen no centro da cidade e trasládanche a outro punto de Niue, tamén existen algúns cidadáns que a cambio de algo de diñeiro exercen de taxistas, posto que a localidade tampouco dispón de taxis. No terreo aéreo, a cidade é servida polo Aeroporto Internacional de Niue, situado 7 km ao norte da mesma e que ten voos operados por Air New Zealand con destino Nova Zelandia.

Notas

  1. East-West Center

Véxase tamén

Ligazóns externas