Alita: Battle Angel | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Alita: Battle Angel |
Director | Robert Rodriguez |
Produtor |
|
Guión | James Cameron Laeta Kalogridis |
Baseado en | Gunnm de Yukito Kishiro |
Intérpretes |
|
Música | Tom Holkenborg |
Fotografía | Bill Pope[1] |
Montaxe |
|
Estudio |
|
Distribuidora | 20th Century Fox[2] |
Estrea | Odeon Leicester Square: 31 de xaneiro de 2019 14 de febreiro de 2019 |
Duración | 122 minutos[4] |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Ciencia ficción e acción |
Orzamento | 170 millóns de dólares[5] |
Recadación | 405 millóns de dólares[5] |
Na rede | |
https://www.foxmovies.com/movies/alita-battle-angel | |
|
Alita: Battle Angel é un filme estadounidense de 2019 de xénero ciberpunk baseado na serie manga xaponesa Gunnm, de Yukito Kishiro e a súa animación orixinal de 1993 GUNNM. Foi dirixido por Robert Rodriguez e producido por James Cameron, quen coescribiu o guión con Laeta Kalogridis. Rosa Salazar protagoniza o filme interpretando con captura de movementos a Alita, unha ciborg que esperta nun corpo novo sen lembranzas do seu pasado e que se propón descubrir o seu destino. Christoph Waltz, Jennifer Connelly, Mahershala Ali, Ed Skrein, Jackie Earle Haley e Keean Johnson interpretan os papeis secundarios.
Annunciado en 2003, a produción foi repetidamente adiada por mor do proxecto de Cameron Avatar (2009) e as súas secuelas. Despois de anos en fase de desenvolvemento, Rodriguez foi anunciado como director de Alita en abril de 2016, con Salazar uníndose ó elenco o mes seguinte. A fotografía principal comezou en outubro de 2016 en Austin, Texas, a maioría no Troublemaker Studios de Rodriguez, e rematou en febreiro de 2017.
Alita: Battle Angel tivo a súa estrea internacional no Odeon Leicester Square o 31 de xaneiro de 2019, e estreouse nos cinemas dos Estados Unidos o 14 de febreiro de 2019 a través de 20th Century Fox nos formatos RealD 3D, Dolby Cinema, 4DX, ScreenX e IMAX 3D. É o primeiro filme producido por Lightstorm Entertainment dende Avatar. Recadou máis de 404 millóns de dólares en todo o mundo sobre un orzamento total de entre 350 e 500 millóns de dólares, incluíndo os cutos de distribución e mercadotecnia. Recibiu críticas dispares por parte da crítica.