Alianza Atea Internacional | |
---|---|
Acrónimo | AAI |
Tipo | organización, organización sen ánimo de lucro, asociación e organización internacional |
Propósito | ateísmo e Secularismo |
Data de fundación | 1991 |
Fundador(es) | Atheist Alliance of America |
Director/a | David Silverman |
Sede | Washington, D.C. |
En | Washington, D.C. |
País | Estados Unidos de América |
Na rede | |
https://www.atheistalliance.org/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Alianza Atea Internacional (AAI, en inglés; Atheist Alliance International) é unha alianza que agrupa cincuenta e oito organizacións ateas ao redor do mundo, corenta e oito das cales están radicadas nos Estados Unidos de América.[1]
Fundada en 1991, o propósito da súa fundación é «fomentar o estabelecemento e crecemento de sociedades ateas e democráticas» e «traballar en equipo con agrupacións de sensibilidade parecida para fomentar o pensamento racional a través da educación».[2] O seu obxectivo extraoficial é unir os ateos e darlles unha voz que os una.
A súa actual presidenta é Christine Shellska (do Canadá).[3]
A organización celebra anualmente unha conferencia,[4] edita a revista Pensamento Secular,[5] e xestiona o Directorio do Librepensamento.
Dende o ano 2003 a AAI entrega o premio Richard Dawkins a unha ou varias persoas, en recoñecemento a un labor destacado a prol do activismo ateo.