Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de setembro de 1885 Tui, España |
Morte | 30 de outubro de 1936 (51 anos) Tui, España |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo |
Alcalde de Tui | |
1931 – 1931 – Benito Pérez Álvarez → | |
Alcalde de Tui | |
1918 – 1922 ← Servando Albuerne Menéndez-Conde | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | político , médico |
Lingua | Lingua galega |
Alejo Diz Jurado, nado en Tui o 23 de setembro de 1885 e finado na mesma vila o 30 de outubro de 1936, foi médico e político galego.[1]
Fillo dos comerciantes Ignacio Diz e Gerarda Jurado, estudou no Colexio dos xesuítas de Camposancos, na Guarda. Fixo medicina na Universidade de Santiago de Compostela. Fundou e dirixiu o efémero semanario político satírico La Tetera,[2] no que asinaba co pseudónimo Criticón B.[1] Con este mesmo pseudónimo asinou as crónicas "De una ciudad del Miño", publicadas en La Raza de Pontevedra. Foi alcalde de Tui entre 1918 e 1922. Coa proclamación da Segunda República volveu ser alcalde de Tui en 1931. Afiliouse a Izquierda Republicana. En 1934 estivo en Dinamarca para investigar os sistemas de aseguramento sanitario en Centroeuropa e así valorar as posibilidades de implantación en España.[3]
Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en consello de guerra en Vigo o 13 de outubro de 1936 acusado de rebelión militar, foi condenado a pena de morte. Fusilárono o 30 do mesmo mes, xunto á Alameda de Tui, con Darío Álvarez Limeses.[2]
Casou en 1915 con Concepción Rodríguez Caballero, coa que tivo seis fillos.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alejo Diz Jurado |
Predecesor: Servando Albuerne Menéndez-Conde |
Alcalde de Tui 1918 - 1922 |
Sucesor: Venancio Lorenzo Álvarez |
Predecesor: Francisco Baquero Pérez |
Alcalde de Tui 1931 |
Sucesor: Benito Pérez Álvarez |