Alejandro Otero
Nome completoAlejandro Otero Fernández
Nacemento14 de decembro de 1888
Lugar de nacementoRedondela
Falecemento26 de xuño de 1953
Lugar de falecementoCidade de México
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónpolítico, médico e profesor universitario
PaiJuan Manuel Otero Milleiro
CónxuxeLaura Contreras Valiñas
Elena Fernández Fernández
editar datos en Wikidata ]

Alejandro Otero Fernández, nado en Redondela o 14 de decembro de 1888 e finado en México o 26 de xuño de 1953, foi un médico e político socialista galego.

Traxectoria

Fillo de Juan Manuel Otero Milleiro. Estudou medicina na Universidade de Santiago de Compostela onde foi alumno de Manuel Varela Radío, e exerceu en Granada ata que en 1914 foi nomeado catedrático de xinecoloxía da Universidade de Granada, da que foi elixido reitor en 1932. Foi elixido concelleiro do concello de Granada en 1931, aproveitando o cargo para impulsar o Hospital Clínico de Granada. Nas eleccións a Cortes Constituíntes de 1931 foi elixido deputado pola provincia de Pontevedra polo PSOE. Foi encarcerado uns meses durante a folga xeral revolucionaria de 1934. Durante a Guerra civil española foi subsecretario de armamento e ao rematar conselleiro do SER. Exiliouse en México, onde chegou vía Nova York en marzo de 1940. En México continuou traballando como médico, dirixiu unha rede de asistencia médica para os exiliados españois e as persoas máis desfavorecidas, creada con fondos da Junta de Auxilio a los Republicanos Españoles. Colaborou co goberno da República Española no exilio.[1]

Notas

  1. Gurriarán.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas