Nome orixinal | (ang) Æthelstan |
---|---|
Biografía | |
Morte | década de 850 |
Rei de Kent | |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Familia | |
Familia | Casa de Wessex (pt) |
Fillos | Ethelweard (?) (en) |
Pais | Aethelwulf de Wessex e Ecgberht de Wessex e Osburga (pt) e Redburga (en) |
Irmáns | Etelsvita (pt) , Aethelbald de Wessex, Aethelberht de Wessex, Aethelred I de Wessex e Alfredo o Grande |
Aethelstan, finado en 852, o fillo máis vello do rei Aethelwulf de Wessex, era rei de Kent en 839, so a autoridade de seu pai.
As últimas versións da Crónica Anglosaxoa describen a Aethelstan como irmán de Aethelwulf, pero as versións A, B e C, e a Crónica de Etelveardo, afirman que era fillo de Aethelwulf. Algúns historiadores argumentan que é máis probábel que fose un irmán, incluíndo Eric John, en 1966 e Ann Williams, en 1978. No entanto, en 1991, Ann Williams describiuno como fillo de Aethelwulf, e isro é agora xeralmente aceptado polos historiadores, inclusive Frank Stenton, Barbara Yorke, e DP Kirby.
Cando Aethelwulf se tornou rei dos saxóns occidentais en 839 coa morte de seu pai, Egberto de Wessex, nomeou a Aethelstan para gobernar Kent, Essex, Surrey e Sussex. É denominado rei na Crónica anglosaxoa e a crónica de Aethelweard chámao "Rei dos Moradores en Kent, dos saxóns do leste, dos saxóns do Sur e de Surrey". Atestou unha serie de cartas de seu pai como rei os anos de 840.
En 851, Aethelstan e o mordomo Ealhhere derrotaron unha frota viquinga e un exército en Sandwich, Kent, descrito por Frank Stenton como "a primeira batalla naval rexistrada da historia inglesa". A morte de Ealhhere na batalla contra os viquingos ocorreu en 853. Aethelstan non é mencionado despois de 851 e probabelmente morreu antes de Aethelwulf ir para Roma en 855, xa que non foi incluído no réxime de goberno do reino durante a ausencia de seu pai.
Reis de Kent | |
---|---|
Orixes | |
século VII | |
século VIII | |
século IX |