Nome orixinal | (ang) Æscwine |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | século VII |
Morte | 676 (Gregoriano) |
Rei de Wessex | |
674 – 676 ← Seaxburh de Wessex – Centwine de Wessex → | |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Familia | |
Familia | Casa de Wessex (pt) |
Pai | Cenfus de Wessex |
Aescwine de Wessex, finado c. 676, foi un monarca do reino anglosaxón de Wessex, pero probabelmente non foi o único rei de Wessex nese momento.
Segundo Beda, despois da morte do Rei Cenwalh:
os seus subordinados tomaron o reino, e dividírono entre eles, manténdoo por dez anos[1]
. Algunhas tradicións colocan a Aescwine como sucesor da raíña Seaxburh, esposa de Cenwalh. En cambio, outras fontes consideran que a esta última asucedeu o pai de Aescwine, Cenfus[2].
A Crónica anglosaxoa sitúa o comezo do reinado de Aescwine ao redor do ano 674. Nese parágrafo tamén se achega unha xenealoxía, que o fai descendente en quinta xeración de Cynric.
Na Crónica Anglosaxoa tamén se menciona que en 675 Aescwine se enfrontou na batalla de Bedwin contra Wulfhere de Mercia. Aínda que conseguiu repeler ás tropas inimigas, foi incapaz de sacar maior vantaxe da vitoria obtida[3].
A Aescwine sucedeuno en 676 Centwine.
Reis de Wessex | |
---|---|
século VI | |
século VII | |
século VIII | |
século IX | |
Os individuos en cursiva se cadra non foron reis. |