Infotaula de personaAcisclo Manzano

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento6 de maio de 1940 Editar o valor em Wikidata (84 anos)
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónEscola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescultor Editar o valor em Wikidata
Membro de
MovementoExpresionismo Editar o valor em Wikidata
ProfesoresFrancisco Asorey Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Premios

BNE: XX895406

Acisclo Rogelio Manzano Freire, nado en Ourense o 6 de maio de 1940, é un escultor galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou na Escola de Formación Profesional Acelerada e na Escola de Artes e Oficios de Santiago de Compostela. Traballou nun curto período no obradoiro de Francisco Asorey. Integrouse no grupo "O volter" con Xaime Quessada e Xosé Luís de Dios e no grupo "Sete artistas galegos", con Manuel Buciños, Arturo Baltar, Virxilio Fernández Cañedo e Xavier Pousa Carrera.

Foi medalla nacional de Arte Xuvenil e realizou exposicións individuais en España e fóra dela. No ano 2008[1] é nomeado académico numerario da Real Academia Galega de Belas Artes na sección de escultura.

En 2023 premio Alecrín da Cultura das entidades culturais galegas en Cataluña.[2]

Obra

[editar | editar a fonte]

Empezou cun expresionismo de extraordinaria forza. Máis tarde foi cara a formas recluídas, vagamente figurativas. A etapa ibicenca está directamente inspirada nos restos fidianos do Partenón.

Ten ilustrado distintas obras dos escritores Luís González Tosar e Miguel Mosquera Paans.

Publicacións

[editar | editar a fonte]

Archivos de la memoria y el mar[3][4], Ourense, 2008.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Notas

[editar | editar a fonte]
  1. Acisclo Manzano entra en la Academia de Belas Artes con el recuerdo de Quessada, La Voz de Galicia, 27/01/2008 (en castelán).
  2. Press, Europa (2023-08-07). "O Festival de Cans recibe este mércores o premio Alecrín da Cultura das entidades culturais galegas en Cataluña". www.europapress.es. Consultado o 2023-08-08. 
  3. Miguel., Mosquera Paans, ([2008]). Archivos de la memoria y el mar. Ourense: Armonía Universal. ISBN 9788493544942. OCLC 433898666. 
  4. Región, La. "La poesía de Miguel Mosquera y la plástica de Acisclo Manzano, juntas en un poemario". La Región (en castelán). Consultado o 2018-12-10. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]