Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Asturias | |||
Provincia | provincia de Asturias | |||
Concello | A Veiga | |||
Poboación | ||||
Poboación | 187 (2018) (17,83 hab./km²) | |||
Número de fogares | 128 (2001) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 10,49 km² | |||
Bañado por | río Eo | |||
Altitude | 70 m-37 m | |||
Comparte fronteira con | ||||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 33779 | |||
Fuso horario | ||||
Código INE | 33074010000 | |||
Abres[1] é unha parroquia do concello asturiano da Veiga. Nos seus 10,49 km²[2] habitan un total de 187 persoas (segundo datos de 2017), repartidas entre as poboacións de Abres e Refoxos. Está a uns 70 metros de altura sobre o nivel do mar. Atópase na marxe dereita do río Eo, no límite máximo de alcance das mareas do mar Cantábrico, razón pola que o tramo baixo do río se denominou durante séculos "ría de Abres". De feito, na beira esquerda do río, xa en Galiza, atópase a parroquia da Ría de Abres, do concello lucense de Trabada.
Número | Nome | Poboación (2017) | % Poboación de Abres |
---|---|---|---|
1 | Abres | 143 | 76,47% |
2 | Refoxos | 44 | 23,53% |
Dedicada ao Apóstolo, de estilo barroco do século XVIII. Ten pórticos aos pés e espadana de dous ollos. Conserva varios retablos da mesma época da edificación, ademais de dúas imaxes de Santiago, cabaleiro e peregrino. Coñecida como «templo de asilo» desde 1774. No libro da Confraría do Sacramento e do Rosario que se custodia no seu arquivo, consérvase unha bula do Papa Pío VI, datada no ano 1794, pola que se concedía indulxencia plenaria a quen acudise alí[3]:
«Una vez confesado y comulgado en el día de la festividad del mismo Santiago Apóstol, desde sus primeras vísperas hasta el ocaso del sol y allí rezasen a Dios Nuestro Señor por la paz y la concordia entre los Príncipes Cristianos, extirpación de las heregías y demás necesidades de la Iglesia»
Na zonna alta de Abres podemos atopar o Castelo de Pividal cun impoñente torreón almenado. O Palacio é o protagonista dun recinto amurallado e nel destaca o seu blasonada fachada de gusto Barroco, en cuxo frontón figura a data de construción do inmoble: 1674. Conta o recinto con capela, na que se garda a imaxe dunha curiosa advocación moi estendida por toda a conca do EO. Trátase de María da O e é un dos poucos exemplos que se coñecen da Virxe embarazada; do século XVII, a imaxe componse da talla da virxe e unha máis pequena do Neno apoiado no seu ventre. No 2003 foi adquirida polos seus actuais propietarios.
No lugar da Ponte, existía unha pequena capela que custodiaba unha figura de Cristo na cruz (s. XVII), á que a xente do lugar chama o Cristo da Ponte, imaxe que os peregrinos e camiñantes veneraban antes de cruzar o río Eo e entrar en Galicia. Actualmente esta figura inda existe e pódese observar en bo estado ó pasar polo lugar.
O Dicionario xeográfico-estatístico-histórico de España e as súas posesións de Ultramar de Pascual Madoz fíxose eco da existencia do paso, debido a que preto de tres dos seus piares construíuse unha presa para embalsar a auga que abastecía a tres muíños asentados na zona.
Cándido Sanjurjo Fernández (1919 - 2010), escritor nado no barrio da Ponte en Abres.
Álvaro Fernández Fernández (1880 - 05/01/1988), naceu na parroquia de San Martín de Mohías no concello de Coaña. Estudou teoloxía en Sevilla, filosofía en Mondoñedo e latín en Navia. Ordenouse sacerdote en 1906. Desde 1920 era o titular das parroquias de Santiago de Abres e Guiar, en Asturias, e Ría de Abres en Trabada. Está soterrado no cemiterio parroquial de Santiago de Abres.
No momento do seu falecemento ós 107 anos chegou a ser o cura en activo máis lonxevo de España [5] e do mundo[6]
"Mi longevidad no tiene mayor secreto. Siempre he sido hombre y medio de fuerza. Echando un pulso no tenía rival y en mi juventud era capaz de levantar 50 kilos con los dientes. No he tenido vicios: ni fumar ni beber. Sólo jugar a los bolos, y a eso ganaba siempre".