Abel Ramón Caballero Álvarez | |
Actualmente no cargo | |
Dende o 16 de xuño de 2007 | |
Precedido por | Corina Porro |
6 de xullo de 1985 – 7 de xullo de 1988 | |
Presidente | Felipe González |
Precedido por | Enrique Barón |
Sucedido por | José Barrionuevo |
28 de outubro de 1982 – 4 de novembro de 1997 | |
Presidente | Felipe González |
Datos persoais
| |
Nacemento | 2 de setembro de 1946 (77 anos) Ponteareas, (Pontevedra) Galicia |
Partido | PSdeG-PSOE |
Cónxuxe/s | María Cristina Alonso Álvarez |
Profesión | Economista |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Cambridge |
Residencia | Vigo, Galicia |
Na rede
| |
Sinatura |
Abel Ramón Caballero Álvarez, nado en Ponteareas o 2 de setembro de 1946, é un político, economista e escritor galego. Desde 2007 é alcalde de Vigo polo PSdeG-PSOE.[1]
Abel Caballero é licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela, fixo o máster en Economía pola Universidade de Essex e é doutor pola de Cambridge.[2] Desenvolveu o seu labor como docente en diversas universidades españolas e europeas. É alcalde da cidade de Vigo dende xuño de 2007 e é Catedrático de Teoría Económica en excedencia na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo. Posúe así mesmo o título de Oficial da Mariña mercante.[3] Ademais, é presidente da Federación Española de Municipios e Provincias dende setembro de 2015[4][5].
Abel Caballero conta cunha ampla traxectoria política. Durante a súa xuventude, militou no Partido Comunista de España,[6] pasando a formar parte posteriormente do Partido Socialista Obrero Español.[7] Ministro de Transportes, Turismo e Comunicacións entre 1985 e 1988, durante o Goberno de Felipe González, foi deputado do Grupo Parlamentario Socialista no Congreso dos Deputados durante a II lexislatura, pola Provincia da Coruña, e durante a III, IV, V e VI lexislaturas, pola Provincia de Pontevedra, ata 1997.[8] Nese ano, abandonou o seu escano no Congreso para presentarse como candidato do PSdeG-PSOE á Presidencia da Xunta de Galicia nas eleccións da V lexislatura autonómica. Debido ós malos resultados obtidos polo PSdeG-PSOE neses comicios, Caballero pasou á segunda fila da escena política, aínda que mantería o seu escano no Parlamento de Galicia ata a constitución da VI lexislatura tralas eleccións autonómicas de 2001.[9]
Tras exercer como docente durante cinco anos na Universidade de Vigo,[10] Abel Caballero retomou a súa actividade política o 22 de setembro de 2005 co seu nomeamento como presidente da Autoridade Portuaria de Vigo.[11][12]
En 2007, foi proclamado candidato do PSdeG-PSOE á alcaldía de Vigo.[13] Tralas eleccións municipais de maio de 2007, a corporación local quedou constituída por 13 concelleiros do PP (44,12 % dos votos), 9 do PSdeG-PSOE (29,43 % dos votos) e 5 do BNG (18,58 % dos votos),[14] conseguindo desta forma o Partido Popular a maioría no pleno.[15] Con todo, o pacto de investidura e co-goberno alcanzado entre os socialistas e os nacionalistas investiu a Abel Caballero como novo alcalde da cidade en substitución da popular Corina Porro.[16]
Tralas eleccións municipais de 2011, que outorgaron 13 concelleiros ó PP (42,39 % dos votos), 11 ó PSdeG-PSOE (34,43 % dos votos) e 3 ó BNG (11,26 % dos votos),[17] Caballero saíu novamente reelixido alcalde da cidade, sendo o primeiro alcalde en conseguilo dende 1987, logrando ademais o mellor resultado para o PSdeG-PSOE en vinte anos,[18] aínda que nesta ocasión o BNG, quen o apoiou cos votos dos seus edís no pleno de investidura, rexeitou reformular o bipartito, pasando desta forma, xunto co PP, á oposición.[19].
Nas eleccións municipais de 2015 conseguiu maioría absoluta con 17 concelleiros, o PP conseguiu 7, Marea 3 e o BNG quedou sen ningún.[20], logrando o mellor resultado da historia de calquera outro alcalde en Vigo. Como consecuencia dos resultados das eleccións a nivel estatal, Abel Caballero fíxose tamén coa presidencia da FEMP, a Federación Española de Municipios e Provincias, cargo que ocupou ata setembro de 2023.
Nas eleccións municipais de 2019 volveu a lograr maioría absoluta cun 67% dos votos e 20 concelleiros, o PP conseguiu 4, Marea 2 e o BNG 1. Desta forma, converteuse no alcalde máis lonxevo da cidade tras Manoel Soto e conseguiu o mellor resultado histórico dun alcalde nunha cidade galega, pulverizando os rexistros de Paco Vázquez na Coruña en 1991 e 1999.
Ademais de obras científicas, Abel Caballero escribiu catro novelas:
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Abel Caballero |
Predecesor: Enrique Barón |
Ministro de Transportes, Turismo e Comunicacións 1985-1988 |
Sucesor: José Barrionuevo |
Predecesor: Julio Pedrosa |
Presidente da Autoridade Portuaria de Vigo 2005-2007 |
Sucesor: Suso Paz |
Predecesor: Corina Porro |
Alcalde de Vigo dende 2007 |
Sucesor: No cargo |