Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2019.)
Infotaula de personaAbel Bouhier

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento10 de abril de 1921 Editar o valor em Wikidata
Les Sables-d'Olonne, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte22 de outubro de 1997 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
Poitiers, Francia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Poitiers (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxeógrafo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Premios

Abel Marcel Bouhier, nado en Les Sables d'Olonne o 10 de abril de 1921 e finado en Poitiers o 22 de outubro de 1997, foi un xeógrafo francés. É coñecido especialmente no mundo galego pola súa obra de investigación sobre Galicia. En 1977 presentouna como tese de Estado no seu país, co título "La Galice, essai géographique d'analyse d'interpretation d'un vieux complexe agraire".[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Rematada a carreira comezou a traballar na École Normal de Laval. En 1954 presentou a súa tese-memoria na universidade de Potiers, titulada "La façade maritime du Sud-Vendée". Nela desvelaba o maior centro de interese do seu labor investigativo como xeógrafo: os países atlánticos da vella Europa. Dous anos despois comezou a investigar en Galicia.

Durante os vinte anos seguintes viaxou con frecuencia non só a Galicia, senón tamén a España para realizar traballo de campo e de arquivo. Visitou os centros documentais máis importantes, como o Arquivo nacional de Simancas ou o Instituto Nacional de Estadística. O froito das súas investigacións revelou non só a estrutura agraria da Galicia dos inicios da segunda metade do século XX, senón que mesmo constituíu un profundo traballo de arqueoxeografía. Mostraba a evolución histórica da paisaxe agraria galega, campo pouco estudado en España mais non en Francia, onde existía unha notábel pléiade de xeógrafos especializados. De feito, a obra de Bouhier fora precedida pola doutro xeógrafo francés, Alain Huetz de Lemps, quen estudara a arqueoxeografía do mundo do viño.

O traballo de Bouhier foi presentado en 1977 como tese de Estado e en 1979 foi publicado en francés. Desde que foi coñecido en Galicia converteuse nunha obra de referencia, especialmente para a xeografía, a historia e a economía, tanto polos resultados como pola metodoloxía.

Nos anos seguintes, Bouhier dedicouse ao seu traballo na cátedra de Xeografía na Universidade de Poitiers, e á investigación na súa disciplina, mais xa non sobre Galicia. Porén, tras xubilarse volveu dedicar parte do seu traballo ao país galego.

Foi membro da prestixiosa Société de Géographie.

Distincións

[editar | editar a fonte]

Abel Bouhier foi distinguido co "Pergamiño de honra e louvanza" do Patronato do Pedrón de Ouro en 1980.

Obra[2]

[editar | editar a fonte]

Existe unha tradución ao galego realizada por Benxamín Casal: Galicia: Ensaio xeográfico de análise e interpretación dun vello complexo agrario, 2 vols. Santiago de Compostela. Xunta de Galicia. Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria-Caixanova. 2001, 1407 páxs - ISBN 84 4532 7690

Notas

[editar | editar a fonte]
  1. "O francés máis galego. Abel Bouhier e o sistema agrario da Galiza". Nós Diario. 20 de xaneiro de 2023. Consultado o 21 de xaneiro de 2023. 
  2. Trátase unicamente dunha escolma.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]