.bb
Tipodominio de nivel superior xeográfico
Data de fundación1991
PaísBarbados
Na rede
https://whois.telecoms.gov.bb/
editar datos en Wikidata ]

.bb é o Dominio de Nivel Superior xeográfico (ccTLD) para Barbados. Foi mantido por varios administradores desde a súa creación. O primeiro deles foi a Universidade de Porto Rico. En 1996 o goberno de Barbados conseguiu o control do .bb en beneficio da Cable & Wireless (BARTEL) Ltd. No 2001 asinouse un acordo entre o Goberno de Barbados e a Cable & Wireless (Bartel) Ltd. e a súa compañía irmá Cable & Wireless (BET) Ltd., para continuar coa administración dos dominios do .bb até que o goberno seleccionara novas directrices. En novembro de 2007, o .bb foi relegado á Telecoms Unit, que pertence ao Goberno de Barbados.[1]

O goberno indicou que súa intención sería manter o dominio semi-protexido. Os asuntos legais que concirnen os dominios son establecidos pola Oficina de Propiedade Intelectual e Asuntos Corporativos (Corporate Affairs and Intellectual Property Office, CAIPO) parte do goberno.

A cota para o ccTLD e para os dominios de segundo e terceiro nivel, é de 120 dólares de Barbados anuais.[2]

Dominios de segundo nivel

Notas

  1. IANA Report on the Re-delegation of the .BB Top-Level Domain - 2007
  2. "Domain Registration Licences (TUL152) are renewed annually at a fee of $120". Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2012. Consultado o 22 de abril de 2012. 

Véxase tamén

Ligazóns externas