Cala Zantedeschia aethiopica | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
Véxase o texto |
Zantedeschia aethiopica, coñecida comunmente como cala de Etiopía, cartucho, cornos ou flor do xerro, é unha planta perenne herbácea de orixe surafricana, da familia das aráceas, a máis robusta e amplamente naturalizada do xénero Zantedeschia.
Tanto o xénero como a especie foron descritos en 1826 polo médico e botánico alemán Kurt Polycarp Joachim Sprengel,[2][3], nun trabalo publicado en Systema Vegetabilium, editio decima sexta 3: 756-765.[4]
Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[5]
Para a do xénero, ver Zantedeschia.
O epíteto específico, aethiopica, alude á súa distribución na Rexión Etiópica.
Especie herbácea perenne de entre 60 a 100 cm de altura. Posúe un rizoma oblongo e groso do que xorden raíces de até 15 cm de longo. Produce numerosas follas de cor verde brillante basais, saxitadas e longamente pecioladas. As inflorescencias erectas chámanse espádices, poden medir de 4 a 18 cm de longo e están envolvidas por unha espata (bráctea modificada) branca de forma acampanada. Nas variedades poden ser de diversas cores. É monoica, polo que as diminutas flores de ambos os sexos se atopan na mesma planta; en cada espata as femininas sitúanse baixo as masculinas, que forman as anteras amarelas.[6]
Esta planta é orixinaria de África do Sur, onde se encontra en Suazilandia, Lesoto e Suráfrica (Cabo Occidental, Cabo Oriental, KwaZulu-Natal, Provincia de Limpopo, Estado Libre e Gauteng).[1]
Naturalizouse e cultívase en moitas outras partes do mundo de clima cálido ou tropical, como o sur de Europa, América, Nova Zelandia e Australia Occidental, onde se clasificou como especie tóxica, tanto para os humanos como o gando e maleza.[7]
Prefire áreas húmidas e sombreadas con abundancia de auga.
Cultívase como planta ornamental ou para flor cortada polas súas vistosas espatas de cor branca.
Segundo algúns estudos científicos pode ser útil na limpeza de augas residuais evitando a proliferación de algas.[8]
En África do Sur, onde se atopa naturalizada, tanto as follas como os rizomas utilízanse tradicionalmente como emplasto para feridas e picaduras e, tamén, as mesmas partes da planta, consómense cociñadas para neutralizar o oxalato cálcico.
Aínda que é de orixe tropical, resiste moderadamente o frío. Cultívase no exterior en sombra ou semisombra, en terreos húmidos e fértiles ou como planta semiacuática. Dependendo da pluviometría pode comportarse como caducifolia ou perenne.
Toda a planta é tóxica, polo que non debe ser inxerida. Como principio activo contén cristais de oxalato de calcio. O zume é moi irritante. Os signos clínicos son tanto locais como xerais. Entre os locais (por contacto directo) produce irritación da pel, beizos, mucosa bucal. Entre os xerais, gastroenterites e diarrea.[9]
En Galicia o seu uso está moi asociado á festa dos maios.
A "cala" foi utilizada como símbolo político polos nacionalistas republicanos de Irlanda do Norte nas súas pretensións de conseguir a independencia ou ben a integración da provincia na República de Irlanda.[Cómpre referencia]
Na América Latina é unha flor asociada aos cemiterios, pois emprégase, canda outras flores, para adornar as tumbas no día dos defuntos.[10]
A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais, tendo en conta que esta especie non se enfronta a grandes ameazas e que está moi estendida, cualifica o seu status como LC (pouco preocupante).[1]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Zantedeschia aethiopica |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Zantedeschia aethiopica |