Modelo:Xeografía políticaWolfsburg
Vista nocturna
Imaxe

Nomeado en referencia aWolfsburg Castle (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 52°25′23″N 10°47′14″L / 52.4231, 10.7872Coordenadas: 52°25′23″N 10°47′14″L / 52.4231, 10.7872
EstadoAlemaña
Estado federadoBaixa Saxonia Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación125.961 (2022) Editar o valor em Wikidata (615,62 hab./km²)
Número de fogares67.975 (2019) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie204,61 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porMittellandkanal (pt) Traducir, Aller e Allersee (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altitude63 m Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoAlmke (en) Traducir (140 m) Editar o valor em Wikidata
Punto máis baixoIlkerbruch (54 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1938 Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoDennis Weilmann (en) Traducir (2021–) Editar o valor em Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal38440, 38442, 38444, 38446 e 38448 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico05361, 05362, 05363, 05365, 05366, 05367 e 05308 Editar o valor em Wikidata
Código NUTSDE913 Editar o valor em Wikidata
Número de municipio alemán03103000 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con
Herzogenaurach (pt) Traducir
Luton (pt) Traducir (1950–2004)
Marignane (1963–)
Provincia de Pesaro e Urbino (1975–)
Saraxevo (1985–)
Halberstadt (1989–)
Tolyatti (1991–)
Bielsko-Biała (1998–)
Changchun (2006–)
Puebla de Zaragoza (2010–)
Dalian (2010–)
Toyohashi (2011–) Editar o valor em Wikidata

Páxina webwolfsburg.de Editar o valor em Wikidata

Wolfsburg é unha cidade alemá situada no estado federado da Baixa Saxonia, ao sur do río Aller e parte do canal máis largo de Alemaña, o Mittellandkanal.

A cidade está situada a 200 km de Berlín (unha hora en InterCityExpress), a 80 km de Hannover e na contorna da veciña Brunswick.

Historia e características

A cidade foi fundada en 1938 co nome de Stadt des KdF-Wagens (Cidade do Coche-KdF), siglas da organización nazi para o deporte e o lecer "Kraft durch Freude" (forza a través da alegría).[1] Ao remate da segunda guerra mundial, Wolfsburg toma o seu nome actual dun castelo próximo e a urbe experimenta unha explosión industrial e económica coa reapertura da sede central da compañía Volkswagen na cidade debido ao impulso de oficiais británicos, dado que a cidade permaneceu baixo a división da Alemaña occidental, en zona de ocupación británica. Foi entón cando se comezou a fabricar en serie o modelo escaravello, emblema da clase media alemá durante os tempos da República Federal de Alemaña (RFA).[2]

A partir dos anos cincuenta, en paralelo ao crecemento industrial e económico erguéronse edificiones notábeis hoxe na cidade como a Kulturhaus Alvar Aalto –centro cultural deseñado polo arquitecto finés e inaugurado en 1962–, o teatro concibido polo arquitecto alemán Hans Scharoun, aberto en 1973. O planetario e o Kunstmuseum, museo de arte contemporánea, obra dun estudo de arquitectura de Hamburgo.

Máis recientemente, a inicios deste século, abriuse o Autostadt, complexo recreativo que celebra o universo Volkswagen e recibe ao ano 2,2 millóns de visitantes[3]. Xa no 2005 o Phaeno, museo científico con aspecto de astronave, proxectado pola arquitecta angloiraquí Zaha Hadid. Co lema Da staunst du (“Asombrarate”), propón ao público 350 estacións interactivas sobre ciencia e técnica.[4]

A cidade conta cun estadio de fútbol, o VW Arena, sede do equipo local VfL Wolfsburg, campión da Bundesliga no ano 2009.

Cidades irmás

Notas

  1. Wolfsburg(en castelán)
  2. Wolfsburg(en castelán)
  3. Wolfsburg Arquivado 09 de agosto de 2018 en Wayback Machine.(en inglés)
  4. Wolfsburg(en inglés)

Véxase tamén

Ligazóns externas