Whale Rider | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Whale Rider |
Director | Niki Caro |
Produtor | John Barnett Frank Hübner Tim Sanders |
Guión | Niki Caro |
Baseado en | The Whale Rider de Witi Ihimaera |
Intérpretes | Keisha Castle-Hughes Rawiri Paratene Cliff Curtis |
Música | Lisa Gerrard |
Fotografía | Leon Narbey |
Montaxe | David Coulson |
Estudio | South Pacific Pictures ApolloMedia Pandora Films New Zealand Film Production Fund New Zealand Film Commission NZ On Air Filmstiftung Nordrhein-Westfalen |
Distribuidora | Pandora Film (Alemaña) Newmarket Films (USA) |
Estrea | Festival de Toronto: 9 de setembro de 2002 30 de xaneiro de 2003 11 de xuño de 2008 (TVG) |
Duración | 101 minutos[1] |
Orixe | Nova Zelandia Alemaña |
Xénero | Drama |
Orzamento | NZ$9 200 000 |
Recadación | $41 400 000 |
Na rede | |
http://whaleriderthemovie.co.nz e https://southpacificpictures.com/productions/details/337 | |
Whale Rider é un filme dirixido por Niki Caro que se estreou en 2002. Baséase na novela homónima de Witi Ihimaera. Está protagonizado por Keisha Castle-Hughes no papel de Kahu Paikea Apirana, unha nena maorí de doce anos de idade que se quere converter na xefa da súa tribo. O seu avó Koro cre que é unha responsabilidade reservada só a homes. O filme foi unha coprodución entre Nova Zelandia e Alemaña. Foi rodado na localidade de Whangara, ó igual que a novela. A súa estrea mundial realizouse o 9 de setembro de 2002, no Festival Internacional de Cinema de Toronto. Recibiu a aclamación da crítica, e con 13 anos, Keisha Castle-Hughes converteuse na nomeada máis nova ó Oscar á mellor actriz, antes de ser superada por Quvenzhané Wallis, con 9 anos, por Beasts of the Southern Wild. O filme recadou $41,4 millóns sobre un orzamento de NZ$9 235 000.
Estreouse en galego o 11 de xuño de 2008 a través da TVG.[2]