WOEID | |
---|---|
Tipo | Geocódigo |
[ editar datos en Wikidata ] |
Un WOEID (Where On Earth IDentifier) é un identificador de referencia de 32 bits, orixinalmente definido por GeoPlanet e agora asignado por Yahoo!, que identifica calquera característica da Terra.[1] No ano 2009, Yahoo! liberou por primeira vez a información do WOEID de GeoPlanet ó público,[2] producíndose a última liberación o 1 de xuño de 2012. Pouco despois Yahoo! decidiu deter a descarga de datos até que determinasen un xeito mellor de achegar os datos como parte do servizo".[3]
WOEIDs son empregado por outros proxectos, incluíndo Flickr,[4] OpenStreetMap,[5] e zWeather.[6][7]