Vicente Fox Quesada, nado en León o 2 de xullo de 1942, é un empresario e político mexicano. Foi Presidente de México dende o 1 de decembro do 2000 ata o 30 de novembro do 2006 polo Partido Acción Nacional (PAN). Tamén é o co-presidente de Internacional Demócrata de Centro, unha organización internacional de partidos políticos de centro dereita.[1]
Fox foi elixido Presidente de México nas Eleccións federais de 2000, sendo o primeiro presidente electo dun partido da oposición dende Francisco I. Madero en 1910 e o primeiro en 71 anos en derrotar, cun 42% dos votos, ó Partido Revolucionario Institucional (PRI).[2]
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Vicente Fox |
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |