As veas cavas superior e inferior (latín: "venae cavae", singular "vena cava") son as veas que devolven o sangue do corpo (pobre en osíxeno) en dirección á aurícula dereita do corazón:[1]
Vea cava inferior: segue á beira da aorta abdominal cargando sangue da parte inferior do corpo. É a vea máis grande do corpo humano.[2]
Vea cava superior: está por riba do corazón, e fórmase dunha converxencia das veas braquiocefálicas esquerda e dereita, que conteñen sangue procedente da cabeza e brazos.