Valhalla Rising | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Valhalla Rising |
Director | Nicolas Winding Refn |
Produtor | Johnny Andersen Lene Børglum Henrik Danstrup Bo Ehrhardt Karen Smyth |
Guión | Nicolas Winding Refn Roy Jacobsen |
Intérpretes | Mads Mikkelsen Jamie Sives Gary Lewis Alexander Morton Maarten Stevenson |
Música | Peter Kyed Peter Peter |
Fotografía | Morten Søborg |
Montaxe | Mat Newman |
Distribuidora | IFC Films (USA) |
Estrea | 2009 |
Duración | 92 minutos |
Orixe | Escocia Dinamarca |
Xénero | Drama |
Orzamento | $5 701 844 |
Recadación | $30 638 |
Na rede | |
Valhalla Rising é un filme dinamarqués-escocés dirixido por Nicolas Winding Refn que se estreou no 2009. O filme ten lugar arredor do ano 1000 e segue a historia dun guerreiro nórdico chamado Un-ollo e un rapaz que viaxan cun grupo de cruzados cristiáns cara a Terra Santa. Porén, atópanse nunha terra descoñecida asolados por forzas invisibles e visións. O filme foi rodado completamente en Escocia.[1] O título procede da mestura de Scorpio Rising e Lucifer Rising coa temática viquinga.[2] Malia que tivo unha boa acollida por parte da crítica, a recadación apenas foi unha fracción dos custos de produción.
Un-ollo (Mads Mikkelsen), un enigmático guerreiro de gran forza que foi escravizado durante anos, mata ó seu amo e logra escapar coa axuda dun neno ó cal leva consigo. Tras enrolarse nun barco viquingo, emprenden unha viaxe que os leva a unha terra descoñecida, onde reinan a dor e o sangue.