![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (de) Uta Thyra Hagen ![]() 12 de xuño de 1919 ![]() Gotinga (Reich alemán) ![]() |
Morte | 14 de xaneiro de 2004 ![]() Nova York, Estados Unidos de América ![]() |
Causa da morte | Ictus ![]() |
Profesora | |
![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reich alemán Estados Unidos de América ![]() |
Educación | Universidade de Wisconsin-Madison University of Wisconsin High School (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | actriz de televisión , mestra , actriz de teatro , actriz de cinema , actriz ![]() |
Período de actividade | 1937 ![]() |
Membro de | |
Alumnos | Roy London e Steve McQueen ![]() |
Lingua | Lingua alemá e lingua inglesa ![]() |
Obra | |
Arquivos en | |
Familia![]() | |
Cónxuxe | Herbert Berghof (1957–1990) José Ferrer (1938–1948) |
Fillos | Letty Ferrer (en) ![]() ( ![]() ![]() |
Pai | Oskar Hagen (pt) ![]() ![]() |
Irmáns | Holger Hagen (pt) ![]() ![]() |
Premios | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Uta Thyra Hagen, nada en Gotinga o 12 de xuño de 1919 e finada en Greenwich Village o 14 de xaneiro de 2004, foi unha actriz e profesora estadounidense. Orixinou o papel de Martha na estrea en Broadway en 1962 de Who's Afraid of Virginia Woolf?, de Edward Albee, que a chamou "unha actriz fondamente verídica". Como Hagen estaba na lista negra de Hollywood, en parte a causa da súa asociación con Paul Robeson, as súas oportunidades no cinema diminuíron e centrou a súa carreira no teatro neoiorquino.
Posteriormente converteuse nunha influente profesora de interpretación no Herbert Berghof Studio de Nova York e escribiu textos sobre interpretación de grande éxito como Respect for Acting, con Haskel Frankel,[1] e A Challenge for the Actor. As súas contribucións fundamentais á pedagoxía teatral foron unha serie de exercicios que construíu sobre o traballo de Konstantin Stanislavski e Yevgeny Vakhtangov.
Foi elixida para o American Theater Hall of Fame en 1981.[2] Gañou en dúas ocasións o Tony á mellor actriz e recibiu un Tony especial en 1999.
Filla do historiador da arte Oskar Hagen e da cantante de ópera Thyra Leisner, a súa familia emigrou aos Estados Unidos en 1924.[3] Criouse en Madison, Wisconsin, e en 1937 estableceuse en Nova York.[4]
Debutou en 1937 como Ofelia en Hamlet en Dennis, Massachusetts, na compañía de Eva Le Gallienne, á que seguiu Nina de A gaivota de Anton Chekhov e a protagonista de Saint Joan, de George Bernard Shaw. Co seu marido José Ferrer interpretou o papel de Desdémona no Otelo de Paul Robeson.
Dende 1947 destacou como mestra de actores no HB Studio[5] en Greenwich Village; entre os seus alumnos estiveron Matthew Broderick, Christine Lahti, Jason Robards, Sigourney Weaver, Liza Minnelli, Whoopi Goldberg, Jack Lemmon, Debbie Allen e Al Pacino.
Uta Hagen estivo casada con José Ferrer entre 1938 e 1948.[6] Tiveron unha filla, Leticia (nada o 15 de outubro de 1940). Divorciáronse en parte pola relación de Hagen con Paul Robeson, coprotagonista de Otelo. Hagen casou con Herbert Berghof o 25 de xaneiro de 1957, unión que durou ata a morte del en 1990. Hagen faleceu en Greenwich Village en 2004 despois de sufrir un infarto en 2001.[6]
Teatro[editar | editar a fonte]
|
Cinema[editar | editar a fonte]
Televisión[editar | editar a fonte]
|