Typha

Hábito de Typha
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Liliopsida
Orde: Poales
Familia: Typhaceae (sensu lato)
Juss.
Xénero: Typha
L.
Especies
  • Typha angustifolia
  • Typha latifolia
  • Typha angustifolia × T. latifolia (=Typha glauca)
  • Typha domingensis
  • Typha laxmannii
  • Typha minima
  • Typha shuttleworthii
  • Typha orientalis
  • Typha muelleri

Typha é o nome dun taxon de plantas asignado á categoría taxonómica de xénero, que no sistema de clasificación APG II do 2003 era o único xénero da familia Typhaceae, mentres que no sistema de clasificación utilizado por Judd et al. (2007) e o do APWeb, comparte o seu lugar na familia Typhaceae sensu lato xunto co seu xénero irmán Sparganium. O xénero posúe unhas 8-13 especies de plantas herbáceas acuáticas emerxentes robustas, perennes, rizomatosas, con follas moi erectas, dísticas e bifaciais, e unha espiga cilíndrica de numerosas flores diminutas polinizadas por vento (as masculinas arriba e as femininas abaixo), cun perianto como escamas ou porcas, e un froito que é como un aquenio dehiscente co xinóforo, o estilo, e o perianto persistentes no froito. Están distribuídas en pantanos e zonas húmidas de boa parte do mundo, formando densas colonias ás veces impenetrables.

Reciben o nome común de espadanas ou espadainas, por teren as súas follas unha forma parecida a unha espada [1][2] .

Caracteres

[editar | editar a fonte]

Ecoloxía

[editar | editar a fonte]

Amplamente distribuídas en todo o mundo. Typha latifolia atópase en todas as rexións tépedas do Hemisferio Norte; Typha angustifolia, tamén cosmopolita, soporta peor o frío e esténdese por iso menos cara ao norte. As restantes especies teñen distribucións máis limitadas, sendo Typha domingensis nativa do sur dos Estados Unidos e Centroamérica, mentres que Typha laxmannii, Typha minima e Typha shuttleworthii medra no sur de Europa e partes de Asia.

Os membros deste taxon medran como plantas emerxentes en estanques, canles de rega, e pantanos. Adoitan ser das primeiras especies en colonizalos. As colonias son moitas veces un paso importante no desecamento de lagoas e pantanos, formando unha capa de denso tecido orgánico sobre a cal se deposita a terra.

O denso sistema rizomático favorece a fixación do chan, previndo a erosión. No seu interior alóxanse numerosos insectos, e proporciona acubillo a batracios e aves lacustres.

Outras aves empregan os restos da inflorescencia para tapizar os seus niños.

As pequenas flores de Typha son polinizadas por vento.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

A lista de especies, segundo o Royal Botanic Gardens, Kew (visitado en xaneiro do 2009):

Importancia económica

[editar | editar a fonte]
Cadeiras de enea artesanais en Galaroza (España).

As follas de Typha son usadas como material de tecido. Tradicionalmente, o uso máis importante era o da fabricación de tecidos para cadeiras, cestas e outros aveños. En La Gineta (provincia de Albacete), por exemplo, e en moitos outros sitios de España e doutros países, desenvolveuse no século XX a fabricación de cadeiras con tecido de Typha no asento, industria que veu caer en decadencia progresiva polo emprego dos materiais plásticos e outros tipos de materias primas.

En Bolivia e o Perú empregábanse tradicionalmente barcas ou balsas no lago Titicaca, e tamén cestos e outros produtos artesanais.

O rizoma aprovéitase como verdura, cun alto contido en amidón; cultívase entre o outono e o inverno. Os brotes tenros consómense ás veces cocidos, e o pole emprégase como suplemento alimenticio mesturado con fariña. As inflorescencias estaminadas mozas tamén poden ser usados como alimento.

Actualmente a súa resistencia a medios anóxicos e con altos graos de contaminación ampliou as súas aplicacións ao campo da fitorremediación, en particular en sistemas de depuración de augas residuais como as zonas húmidas artificiais e sistemas de filtros de macrofitas en flotación (FMF). Tamén se estuda o seu uso como fitoacumulador de metais pesados.

Tamén pódense utilizar para fabricar papel.

Son ocasionalmente utilizadas como ornamentais.

A facilidade da súa aparición fai que se consideren malas herbas nalgunhas contornas controladas.

Notas

[editar | editar a fonte]
  1. Espadana no dicionario de dicionarios RILG, Universidade de Vigo
  2. Espadana en Navaza, Gonzalo. Fitotoponimia galega. Pág 242 (Universidade de Santiago)