Tipo | torneo amistoso de fútbol |
---|---|
Parte de | Trofeo Teresa Herrera |
Número de participantes | 2 |
Localización e Datas | |
Localización | A Coruña (Provincia da Coruña) 43°22′N 8°23′O / 43.37, -8.38Coordenadas: 43°22′N 8°23′O / 43.37, -8.38 |
País | España |
Número de edición | 75 (2020) |
Competición | |
Primeiro posto | Deportivo da Coruña |
O Trofeo Teresa Herrera de 2020 foi a 75ª edición do torneo. Celebrouse na Coruña o 20 de decembro de 2020 a partido único. O campión foi o Deportivo da Coruña, que derrotou por 6-0 a unha selección de xogadores coruñeses.[1]
O torneo celebrouse en circunstancias especiais debido á pandemia por coronavirus, disputándose por primeira vez en decembro e cunha asistencia limitada a 1000 espectadores. Non se convidou a ningún equipo profesional, sendo o rival do Deportivo unha selección de xogadores dos equipos modestos da Coruña. Toda a recadación, así como o diñeiro que se investía habitualmente na fabricación do trofeo que non se entregou esta vez, foi destinada a obras benéficas, volvendo así ás orixes do torneo, que nacera 75 anos antes como xeito de recadar fondos para a mellora dos hospitais da cidade.[2]
Deportivo da Coruña |
Combinado do Fútbol Afeccionado Coruñés |
O técnico Javier Bardanca seleccionou xogadores de trece equipos coruñeses, sendo o Silva SD o equipo que máis xogadores achegou, sete. Os xogadores do combinado e a súa procedencia foron os seguintes:[3]
Deportivo da Coruña | 6–0 | Combinado Coruñés | 20 de decembro de 2020 – Riazor, A Coruña Asistencia: 1.000 Árbitro: Del Río Amor |
Rui Costa 28' (p.) 47' Mosquera 56' 66' Lara 78' Borges 85' |
Informe |
||
|
|