Toshirō Mifune (三船敏郎), nado en Tsingtao (Taiwán) o 1 de abril do 1920 e finado en Toquio o 24 de decembro do 1997, foi un actor xaponés, famoso polas súas interpretacións en varias obras de Akira Kurosawa.
Nado na China, alí realizou os seus primeiros estudos para logo traballar de fotógrafo en Shanghai e pasar cinco anos no exército de Manchukuo (Grande Imperio de Manchuria). Volveu ao Xapón no 1946, onde empezou a traballar coa Toho, contratado para unha película de Kajirō Yamamoto (A idade nova dos tolos).
Pouco despois empezou a súa colaboración con Kurosawa. Protagonizou 16 películas do director, dende Drunken angel (1948) ata Red Beard (1965). Neste período, só To live (1952) non o tivo de intérprete. Pero foi Os sete samurais (1954) a película que o catapultou á fama.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Toshiro Mifune ![]() |