Tines | |
---|---|
Estela de Tines. | |
Concello | Vimianzo[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°06′36″N 8°58′30″O / 43.11004569, -8.97511752Coordenadas: 43°06′36″N 8°58′30″O / 43.11004569, -8.97511752 |
Poboación | 174 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 3[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santa Baia de Tines é unha parroquia do concello de Vimianzo, na provincia da Coruña, arciprestado de Soneira e arquidiocese de Santiago de Compostela. En 2018 tiña 179 habitantes (79 homes e 100 mulleres)[2], 61 menos ca en 1999.
Está delimitada polas parroquias de Salto, Bamiro, Treos e Vilar no concello de Zas, distando só 8,5 km da capital do concello.
En Tines atopáronse restos de diferentes épocas históricas. A igrexa parroquial era representación de Rui Pérez da Costa e, o subsolo do seu adro é un dos enclaves máis interesantes para a historia de Galicia nunha pronta Idade Media. Debaixo atópase unha necrópole romano-sueva con enterramentos que datan dende o século I ata o século VIII. Atopáronse vestixios romanos nas escavacións feitas en 1954, se ben algúns dos vestixios foron destruídos.
Apareceu material da construción principalmente, ó que apunta á posible existencia dunha "vila romana" segundo Manuel Núñez. Tamén apareceron sarcófagos pétreos de dous formas distinguidas: unha máis primitiva e escasa de forma oval (datado da dominación sueva) e outra máis elaborada cun oco antropoide. A tapa dos sarcófagos antropoides están gravados con letras, trazos e debuxos cun estilo que presumiblemente date do século VI. Tamén se descubriron vestixios de enterramentos con tégulas, moi propios da dominación romana.
Xunto aos sarcófagos pétreos apareceu a estela romana de Vitorino ou estela de Tines. Nela distínguese un rostro humano, gravado toscamente e con inscricións. Segundo Díaz y Díaz é o primeiro testemuño epigráfico cristián de Galicia do século IV, pola aparición da fórmula "in pace". Consérvase no Museo Arqueolóxico da Coruña.
Lugares da parroquia de Tines no concello de Vimianzo (A Coruña) | |
---|---|