Thomas Kuhn | |
---|---|
Nacemento | 18 de xullo de 1922 |
Lugar de nacemento | Cincinnati |
Falecemento | 17 de xuño de 1996 |
Lugar de falecemento | Cambridge |
Causa | cancro de pulmón |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Etnia | Pobo xudeu |
Alma máter | Universidade Harvard, Universidade Harvard, Universidade Harvard, Hessian Hills School, Taft School e Universidade Harvard |
Ocupación | físico, historiador da ciencia, filósofo da ciencia e profesor universitario |
Cónxuxe | Jehane Barton Burns e Kathryn Muhs |
Coñecido por | A Estrutura das Revoluções Científicas e The Copernican Revolution |
Premios | Bolsa de estudos Guggenheim, John Desmond Bernal Prize, Medalha George Sarton e doutor honoris causa pola Universidade de Padua |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Thomas Samuel Kuhn, nado o 18 de xullo de 1922 e finado o 17 de xuño de 1996, foi un físico e filósofo natural dos Estados Unidos de América cuxo traballo incidiu sobre a historia e filosofía da ciencia, tornándose un marco importante no estudo do proceso que leva ao desenvolvemento científico.
Thomas Kuhn naceu en Cincinnati, Ohio, o 18 de xullo de 1922. Estudou a carreira de física na Universidade Harvard, e obtivo o doutoramento en 1949. Ata entón, tivera pouco contacto coa filosofía, xa que a súa carreira era a física e, segundo el, a segunda guerra mundial exercía unha enorme presión para iniciar carreiras científicas, e un gran desprezo en relación ás materias humanísticas. Pero a partir do seu doutoramento o seu interese orientouse cara ao estudo da Historia da Ciencia, ao que se dedicou por completo.
Permaneceu en Harvard coma profesor axudante de Historia da Ciencia, e foi aquí onde preparou un curso de ciencias para non científicos, no que por primeira vez, utilizou exemplos históricos de progresos científicos. Desa experiencia, Kuhn puido percibir que a ciencia, nunha perspectiva histórica, era moi diferente da presentada nos textos de física ou mesmo de filosofía da ciencia.
En 1956, aceptou unha oferta da Universidade de Berkeley, California, onde pasou a ocupar a Cátedra de Historia da Ciencia a partir de 1961. En Berkeley, escribiu e publicou o libro Estrutura das Revolucións Científicas, e aínda que xa publicara un primeiro libro en 1957, A Revolución Copernicana, e un segundo en 1961, A función da medida na física moderna, foi o terceiro libro o que o tornou recoñecido, máis coma un intelectual volvendo cara a Historia e Filosofía da Ciencia, ca coma o físico que era.
En 1964 ocupou a Cátedra de Historia da Ciencia na Universidade de Princeton ata 1979, ano no que pasou a se instalar en Boston, ocupando a Cátedra de Filosofía e Historia da Ciencia do Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT) ata 1991. Tres anos despois, en 1994, foille diagnosticado un cáncer bronquial do cal morreu o 17 de xuño de 1996 na súa casa de Cambridge, Massachusetts.
Thomas S. Kuhn ocupouse principalmente do estudo da historia da ciencia, no que mostra un contraste entre dúas concepcións da ciencia:
Este contraste plásmase na obra A Estrutura das Revolucións Científicas,que ocasionou o chamado xiro histórico-sociolóxico da ciencia, unha revolución na reflexión acerca da ciencia ao considerar propios desta os aspectos históricos e sociolóxicos que rodean a actividade científica, e non só os lóxicos e empíricos, como defendía o modelo formalista.
Segundo o enfoque historicista de Kuhn, a ciencia desenvólvese seguindo determinadas fases:
Desta maneira, o enfoque historicista dá importancia a factores subxectivos que anteriormente foran pasados por alto á hora de explicar o proceso de investigación científica. Kuhn mostra que a ciencia non é só un contraste entre teorías e realidade, senón que hai diálogo, debate, tensións e ata loitas entre os defensores de distintos paradigmas. E é precisamente nese debate ou loita onde se demostra que os científicos non son absolutamente racionais, non poden ser obxectivos, pois non lles é posible afastarse de todos os paradigmas e comparalos de forma obxectiva, senón que sempre están inmersos nun e interpretan o mundo conforme ao mesmo paradigma. Isto demostra que na actividade científica inflúen tanto intereses científicos (ex: a aplicación práctica dunha teoría), coma subxectivos, como por exemplo, a existencia de colectividades ou grupos sociais a favor ou en contra dunha teoría concreta, ou a existencia de problemas éticos, de tal maneira que a actividade científica vese influenciada polo contexto histórico-sociolóxico no que se desenvolve. Así, os historicistas, ao contrario que os formalistas, dan máis importancia tanto ao suxeito que leva a cabo a investigación, coma ao contexto histórico e sociolóxico no que está inmerso.
Na súa obra A Estrutura das Revolucións científicas, Kuhn introduce ademais a noción de inconmensurabilidade dos paradigmas que se refire á incapacidade de comparar as teorías entre si. Segundo Kuhn, os paradigmas poden ter diferenzas de tres tipos:
Estas diferenzas entre paradigmas marcan que son incomparables, pois non existe unha linguaxe común e neutral que adapte unha teoría a outra. Neste momento non se pode dicir que un paradigma é mellor ou peor ca outro, pero o avance da ciencia irá determinando a incompatibilidade entre eles ata que un acabe dominando sobre o outro, dando lugar a unha nova revolución científica.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Thomas Kuhn |