The Square | |
---|---|
Ficha técnica | |
Director | Ruben Östlund |
Produtor | Erik Hemmendorff Philippe Bober |
Guión | Ruben Östlund |
Intérpretes | Claes Bang Elisabeth Moss Dominic West Terry Notary |
Estudio | Plattform Produktion Film i Väst Essential Films Parisienne Coproduction Office Sveriges Television Imperative Entertainment ARTE France Cinéma ZDF |
Estrea | 20 de maio de 2017 |
Duración | 142 minutos |
Orixe | Suecia Alemaña Francia Dinamarca[1] |
Orzamento | $5,5 millóns[2] |
Recadación | $6,6 millóns[3][4] |
Lingua | sueco, inglés e dinamarqués |
Na rede | |
https://www.squarethefilm.com/ | |
|
The Square é un filme satírico sueco de 2017 dirixido por Ruben Östlund e protagonizado por Claes Bang, Elisabeth Moss, Dominic West e Terry Notary. O filme trata sobre a publicidade que rodea unha instalación de arte e foi inspirada en parte por unha instalación que Östlund e o produtor Kalle Boman realizaran.[5]
The Square participou no Festival de Cannes de 2017, onde recibiu en xeral críticas positivas e gañou a Palma de Ouro. Gañou tamén cinco premios do Cinema Europeo, incluíndo mellor filme e mellor comedia.
Christian, director artístico dun museo de arte contemporánea, encárgase dunha exposición titulada "The Square" na que hai unha instalación que fomenta valores humanos e altruístas. Cando contrata unha axencia de relacións públicas para difundir o acontecemento, a publicidade produce malestar no público.
O filme foi rodado en Estocolmo, Gotemburgo e Berlín.[6][7] A galería do filme baséase no Palacio Real de Estocolmo.[5] Moitas das obras de arte que aparecen no filme foron creadas especificamente, con instalacións influídas por Robert Smithson, unha imaxe auténtica de Garry Winogrand e traballos de Östlund e Kalle Boman.[2]