The Allman Brothers Band
OrixeMacon, Xeorxia, Estados Unidos
Período1969 - 1981
1990 - presente
Xénero(s)Blues rock
Southern rock, Rock psicodélico
Selo(s) discográfico(s)Polydor
Arista
Epic Records
MembrosDuane Allman (guitarra)
Gregg Allman (teclados, voz)
Dickey Betts (guitarra, voz)
Berry Oakley (baixo)
Butch Trucks (percusión)
Jai "Jaimoe" Johanny Johanson (percusión)
Na rede
www.allmanbrothersband.com
IMDB: nm1876655 Facebook: allmanbrothersband Twitter: allmanbrothers MySpace: allmanbrotherslegacy Spotify: 4wQ3PyMz3WwJGI5uEqHUVR iTunes: 127835 Last fm: The+Allman+Brothers+Band Musicbrainz: 72359492-22be-4ed9-aaa0-efa434fb2b01 Songkick: 171533 Discogs: 110253 Allmusic: mn0000745964 Deezer: 6471 Genius: The-allman-brothers-band Editar o valor em Wikidata

The Allman Brothers Band é un grupo musical de Macon (Xeorxia), descrito polo Salón da Fama do Rock como "os principais arquitectos do rock sureño".[1] O grupo formouse en 1969 e dous anos máis tarde George Kimball describíaos na revista Rolling Stone como a mellor banda de rock and roll que se creara en Estados Unidos nos últimos cinco anos.[2]

Obtivo once Discos de Ouro e cinco de Platino entre 1971 e 2005. Rolling Stone clasificou a The Allman Brothers no posto 52º na súa lista dos 100 artistas máis grandes de todos os tempos. O grupo segue en activo na actualidade.

Musicalmente, a Allman Brothers Band está considerada, canda Lynyrd Skynyrd, como banda seminal do Rock Sureño. O grupo destacou pola súa habilidade e coherencia instrumental, o seu estilo a medio camiño entre o blues, o blues rock e o jazz, e pola súa infinita capacidade colectiva para a improvisación, (jamming). Todas estas características son especialmente plausibles nos seus directos, ben exemplificadas no álbum At Fillmore East, onde improvisacións como "Whipping Post" superan os 20 minutos.

Historia

[editar | editar a fonte]

A banda formouse en Jacksonville, Florida, o 26 de marzo de 1969. A formación orixinal estaba composta por Duane Allman (guitarras solistas e slide), Gregg Allman (voces e teclados), Dickey Betts (guitarras rítmicas e solistas, voces), Berry Oakley (baixo eléctrico), Butch Trucks (percusión) e Jai Johanny "Jaimoe" Johanson (percusión). Os irmáns Allman, Duane e Gregg, formaran inicialmente unha banda de garage chamada The Escorts, posteriormente formaron os Allman Joys e logo, The Hour Glass, nome co que fixeron dous álbums para a discográfica Liberty Records, ademais dun terceiro que non chegou a publicarse. O grupo foi liberado do contrato con Liberty a excepción de Gregg, pois a discográfica pensaba del que tiña un maior potencial comercial. Duanne Allman compatibilizou o seu traballo como músico de estudio para o álbum de Johnny Jenkins Ton-Ton Macoute!, onde pode oírse a primeira gravación dun solo de guitarra de Duanne, coa realización de jams con Dickey Betts, Butch Trucks e Berry Oakley en Jacksonville. Duanne meteu na banda a Jaimoe e, finalmente, chamou a seu irmán Gregg para completala.

The Allman Brothers Band recorreron o sur dos Estados Unidos realizando numerosas actuacións en directo antes de gravar o seu álbum de debut, The Allman Brothers Band. Este primeiro álbum obtivo a aclamación xeral da crítica especializada, aínda que en vendas estiveron escasos e unicamente chegaron aos seguidores de culto do blues rock. A maior parte do álbum estaba formado por pezas de clásico blues rock, pero destacaba pola súa importancia xerminal "Dreams", unha peza en compás 12/8 que proporcionaría a estrutura rítmica de moitas das súas actuacións en directo.

O seu segundo traballo, Idlewild South (1970), producido por Tom Down, obtivo un masivo éxito de crítica e unha considerable mellora nas vendas. Temas como "Revival" ou "Midnight Rider", cun son e duración máis aptos para a reprodución radiofónica, facilitaron a popularización da banda. Trala gravación deste álbum, Duanne participou na gravación do celebérrimo álbum de Derek and the Dominos Layla and Other Assorted Love Songs, o que aumentou a fama do grupo e facilitou o seu éxito en Europa.

O ano 1971 catapultou o grupo á altura das lendas do Rock. Durante os concertos que o grupo realizou na sala Fillmore East o 12 e 13 de marzo, gravouse a esencia do virtuosismo e capacidade de improvisación do grupo. Aquelas sesións quedaron rexistradas finalmente nun dobre álbum, At Fillmore East, incluído pola revista Rolling Stone dentro dos 500 mellores álbums de todos os tempos. At Fillmore East foi un vehículo de presentación mundial da rica mixtura de jazz, música clásica, hard rock e blues que eran os Allman Brothers Band.

1971 sería o mellor ano da historia do grupo de non ser pola desgraza que esperaba á volta da esquina: o 29 de outubro de 1971 falece Duane Allman nun accidente de motocicleta en Macon (Xeorxia). Duane fora o fundador, líder e principal artífice da mixtura de sons do grupo. Este virtuoso guitarrista, famoso polo seu toque de guitarra slide, será recordado ademais pola súa participación no disco de Eric Clapton Layla and Other Assorted Love Songs (1970). Lynyrd Skynyrd adicaríalle a canción Free Bird.

Un ano despois, o 11 de novembro de 1972, o baixista Berry Oakley tamén morría en accidente de motocicleta non moi lonxe de onde o fixera Duane, aínda que Berry non morreu no acto, pois tras o accidente negouse a recibir asistencia médica e morreu poucas horas despois dunha hemorraxia cerebral.

Ambos músicos están soterrados en tumbas contiguas no cemiterio de Macon (Xeorxia) onde o grupo compuxo algúns dos seus primeiros temas como "In Memory of Elisabeth Reed" ou "Little Martha", títulos que sacaron de dúas lápidas do dito camposanto.

A morte do guitarrista e líder do grupo, e a posterior do seu compañeiro, non puxo fin á carreira do grupo que colleitou aínda importantes éxitos con posterioridade con temas como o instrumental "Jessica", que apareceu no disco Brothers and Sisters, de 1973, onde aínda tocaba Oakley nalgúns temas. A banda continuou sacando periodicamente traballos até 1981 e, tras case unha década de descanso, reapareceron en 1990 co álbum Seven turns.

Algúns dos seus membros seguen activos en Gov´t Mule, tamén facendo blues rock.

Discografía

[editar | editar a fonte]

Álbums

[editar | editar a fonte]

POP: Billboard 200 Album Chart; UK: UK Album Chart

Sinxelos

[editar | editar a fonte]

..../ Louisiana Lou And Three Card Monty John", Capricorn (setembro de 1975) - POP #78

POP: Billboard Singles Chart; ROK: Billboard Mainstream Rock Tracks; UK: UK Singles Chart- ROK #12

Membros

[editar | editar a fonte]

O grupo, inicialmente capitaneado polos irmáns Allman, pasou a estar capitaneado por Greg Allman trala tráxica morte do irmán. Desde a súa creación en 1969, o grupo sempre tivo unha estrutura estable de catro ou cinco dos membros orixinais do grupo e, co paso dos anos, fóronse incorporando outros músicos como substitución ou complemento dalgún dos orixinais integrantes de The Allman Brothers Band. A continuación referéncianse as diferentes formacións que deron corpo a The Allman Brothers Band.

Integrantes do grupo por etapas

[editar | editar a fonte]
1969-1971
[editar | editar a fonte]
Duane Allman.
1971-1972
[editar | editar a fonte]
1972
[editar | editar a fonte]
1972-1976
[editar | editar a fonte]
1978-1980
[editar | editar a fonte]
1980-1982
[editar | editar a fonte]
1989-1990
[editar | editar a fonte]
1991-1997
[editar | editar a fonte]
1997-1999
[editar | editar a fonte]
1999-2000
[editar | editar a fonte]
2000
[editar | editar a fonte]
2001-actualidade
[editar | editar a fonte]

Notas

[editar | editar a fonte]
  1. "Rock and Roll Hall of Fame". Arquivado dende o orixinal o 15 de agosto de 2018. Consultado o 12 de maio de 2011. 
  2. At Fillmore East review, por George Kimball (Rolling Stone, 19 de agosto de 1971).