Suevia Films
Tipoempresa produtora de cinema
Data de fundación1940
PaísEspaña
Na rede
IMDB: co0072475 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Suevia Films foi unha empresa produtora e distribuidora cinematográfica galega, dirixida e creada polo vigués Cesáreo González. Xunto con Cifesa, foi a gran produtora de cine de España da súa época. Entre 1941 e 1967 fixo máis de 130 películas, o que supón unha media de cinco filmes cada ano.[1][2]

Historia

[editar | editar a fonte]

Foi fundada en 1940 por Cesáreo González e o seu irmán Arturo González. A primeira película que produciu foi Polizón a bordo, que constituíu un grande éxito de público. Na década de 1950 viviu a súa grande eclosión ao crear un star-system de seu, coa contratación en exclusiva de estrelas como Lola Flores (a quen contratou en 1951 para cinco películas a cambio de seis millóns de pesetas), Sara Montiel, Carmen Sevilla, Paquita Rico, Joselito ou Marisol. Fixo estreas espectaculares coas figuras estelares, e consolidou unha política de coproducións que lle abriron o mercado latinoamericano da man de películas sobre a morriña para o público galego emigrante en América.

Suevia Films produciu varias das grandes películas españolas da historia como Calle sin sol de Rafael Gil ou Muerte de un ciclista de Juan Antonio Bardem. Trala morte en 1968 de Cesáreo González, na década de 1980 a empresa abandonou a produción cinematográfica.[3] En 1999 constituíuse unha nova compañía co mesmo nome adicada á produción e distribución videográfica, mais sen vínculo ningún coa antiga produtora de Cesáreo González.[4]

Filmes producidos

[editar | editar a fonte]
  • Los peces rojos (1955)
  • La otra vida del capitán Contreras (1955)
  • Muerte de un ciclista (1955)
  • Historias de la radio (1955).
  • La Faraona (1955).
  • Limosna de amores (1955).
  • Fedra (1956).
  • Faustina (1956).
  • Calle Mayor (1956)
  • El pequeño ruiseñor (1956)
  • La guerra empieza en Cuba (1957)
  • El ruiseñor de las cumbres (1958)
  • La venganza (1959)
  • Saeta del ruiseñor (1959)
  • Carmen la de Ronda (1959)
  • Escucha mi canción (1959)
  • Aventuras de Joselito y Pulgarcito (1960)
  • Mi último tango (1960)
  • El indulto (1961)
  • Ha llegado un ángel (1961)
  • El balcón de la luna (1962)
  • Tierra de todos (1962)
  • El caballo blanco (1962)
  • La reina del Chantecler (1963)
  • Chantaje a un torero (1963)
  • La verbena de la Paloma (1963)
  • La nueva vida de Pedrito Andía (1965)
  • Los pianos mecánicos (1965)
  • Amor en el aire (1967)
  • Del amor y otras soledades (1969)
  • ¡Vivan los novios! (1970)

Notas

[editar | editar a fonte]
  1. "Cesáreo González, Una vida de películas -vigocasisecreto.com 9/2/2014". Arquivado dende o orixinal o 22/02/2016. Consultado o 25/05/2016. 
  2. "O cine en Galicia" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de xullo de 2013. Consultado o 25 de maio de 2016. 
  3. Emilio C García Fernández. Cesáreo González productor cinematográfico -egeda.es
  4. Javier Roldán Director de Marketing y Adquisiciones de Suevia Films.