A Sociedade Deportiva Xuvenil de Ponteareas é un club de fútbolgalego con sede en Ponteareas, que milita na Preferente Galicia. Fundado en 1970, viste camiseta con raias verticais vermellas e brancas e pantalón negro.
A primeira SD Xuvenil foi fundada o 17 de maio de 1950 por cinco mozos que decidiron montar un club deportivo con varias disciplinas, entre as que destacaban o fútbol, o atletismo e o hóckey a patíns. A palabra "Xuvenil" do nome débese á idade dos fundadores do club, todos menores de 20 anos.[1] O club militou principalmente na Serie A e disputou catro tempadas consecutivas da Terceira División entre 1956 e 1959.[2] Disolveuse en 1964.
O actual club fundouse en 1970, co nome de Club Puenteareas, recuperando o nome do club orixinal ao ano seguinte. Foi ascendendo polas diferentes categorías do fútbol galego e na tempada 1987/88 conseguiu o seu primeiro ascenso á Terceira División. Na súa primeira campaña na categoría estivo preto de lograr o ascenso a Segunda B, acabando subcampión do Grupo I, só por detrás do Xuventude de Cambados.