Soaserra
Igrexa parroquial de Santa Olaia.
ConcelloCabanas[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°25′41″N 8°05′55″O / 43.428, -8.0986Coordenadas: 43°25′41″N 8°05′55″O / 43.428, -8.0986
Poboación170 hab. (2013)
Entidades de poboación10[1]
editar datos en Wikidata ]

Santa Olaia de Soaserra é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Cabanas. Segundo o IGE en 2013 tiña 170 habitantes (91 mulleres e 79 homes), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 214 habitantes.

Patrimonio

Igrexa de Santa Olaia de Soaserra, de estilo barroco de tipoloxía rural. Planta rectangular cunha soa nave. Destacan os retablos de características barrocas.

Lugares e parroquias

Lugares de Soaserra

Lugares da parroquia de Soaserra no concello de Cabanas (provincia da Coruña)

Os Ameneiros | Cerdeiras | Os Durás | O Igrexario | A Lagoa | Os Lamas | Lavandeira | A Rúa | Os Sardiñas | Xabariz

Parroquias de Cabanas

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Cabanas

Cabanas (Santo André) | Irís (Santo Estevo) | Laraxe (San Mamede) | Regoela (San Vicente) | San Martiño de Porto (San Martiño) | Santa Cruz do Salto (Santa Cruz) | Soaserra (Santa Olaia)

Notas

  1. 1,0 1,1 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.

Véxase tamén

Outros artigos