Naruto | |
Nome real | Shikamaru Nara |
Idade | 12/13 |
Altura | 150,8/152,1 cm |
Peso | 42 kg/42.9 kg |
Ocupación | Genin, máis tarde Chunin |
Aldea | Aldea Oculta de Konoha |
País | País do Lume |
Mestre | Sarutobi Asuma |
Equipo | Equipo 10 (Asuma Sarutobi, Shikamaru Nara, Ino Yamanaka, Chōji Akimichi) Equipo Shikamaru (Shikamaru Nara, Chōji Akimichi, Neji Hyūga, Kiba Inuzuka, Naruto Uzumaki) |
Especialidade | Manexo das sombras |
Relevancia | Personaxe secundario |
Familia | Shikaku Nara (pai) Yoshino Nara (nai) |
Seiyū | Shotaro Morikubo |
Naruto: Shippūden | |
Idade | 16 |
Altura | 170 cm |
Peso | 53, 4 kg |
Ocupación | Chunin |
Aldea | Aldea Oculta de Konoha |
País | País do Lume |
Equipo | Niju Shotai (Asuma Sarutobi, Shikamaru Nara, Izumo Kamizuki, Kotetsu Hagane) Equipo 10 (Asuma Sarutobi, Shikamaru Nara, Ino Yamanaka, Chōji Akimichi) |
Relevancia | Personaxe secundario |
Jutsu | |
| |
Estatísticas | |
Estadísticas
Exame chūnin Fin da primeira parte Segunda parte
|
Shikamaru Nara (奈良シカマル Nara Shikamaru?) é un personaxe do manga e anime Naruto. "Shika" (鹿) significa cervo e "-maru" (丸) é "camiño", "círculo" ou "ben desenvolto", pero é comunmente usado como sufixo nos nomes de homes; "Nara" é unha cidade do Xapón, antiga capital do país, na que os cervos andan ao doután e que deu nome á era na cal o Budismo se introduciu no Xapón.
ó comezo, é un Genin que se graduou xunto con Naruto Uzumaki e os outros. É un xenio frouxo e despreocupado que foi promovido ó nivel Chūnin menos dun ano despois da graduación. Pertence a un clan de manipuladores de sombras e de pastores de cervos, así que a súa técnica especial é o Kagemane no Jutsu (Técnica de Imitación de Sombra).
Shikamaru é unha persoa pouco entusiasta que preferiría tomar unha soneca a emocionarse por algo e ó que lle gustan os xogos de estratexia que gustan ós vellos, como o Shōgi (xadrez xaponés) e o Go. Cando se ve nunha situación de acción, incómoda ou que requira algún esforzo da súa parte, acostuma a dicir o "Mendokuse" (problemático) que é o asunto, a persoa ou o obxecto.