Shanghai Express | |
---|---|
Ficha técnica | |
Director | Josef von Sternberg |
Produtor | Adolph Zukor |
Guión | Jules Furthman Harry Hervey (historia) |
Intérpretes | Marlene Dietrich Clive Brook Anna May Wong |
Música | W. Franke Harling Rudolph G. Kopp |
Fotografía | Lee Garmes James Wong Howe |
Montaxe | Frank Sullivan |
Distribuidora | Paramount Pictures |
Estrea | 12 de febreiro de 1932 |
Duración | 80 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Recadación | 3,7 millóns de dólares |
Lingua | Inglés, alemán, francés, mandarín |
Na rede | |
Shanghai Express é un filme estadounidense de 1932 dirixido por Josef von Sternberg con Marlene Dietrich, Clive Brook, Anna May Wong e Warner Oland como protagonistas. O guión foi escrito por Jules Furthman, baseado nunha historia de 1931 de Harry Hervey. Shanghai Express foi o cuarto de sete filmes realizados por von Sternberg con Dietrich como actriz principal.
Shanghai Express estreouse durante a Gran Depresión, e foi un éxito de audiencia, recadando uns 3,7 millóns de dólares só nos Estados Unidos, converténdose no maior éxito comercial das colaboracións entre Dietrich e von Sternberg, sendo o filme con maior recadación dese ano superando a Grand Hotel.[1][2]
Shanghai Express tivo dous remakes, Night Plane from Chungking (1942) e Peking Express (1951).
En 1931, a China vese envolta nunha guerra civil. Os amigos do capitán británico Donald "Doc" Harvey envídiano porque a fabulosa e célebre Shanghai Lily é unha compañeira de pasaxe no tren expreso de Pequín a Shanghai. Debido a que o nome non significa para el, cóntanlle que ela é unha cortesana. Durante a viaxe, Harvey atópase con Lily, que resulta ser Madeline, a súa antiga amante. Cinco anos antes, ela xogáralle unha mala pasada para avaliar o seu amor por ela, mais foi contraproducente e el abandonouna.
Aínda que o filme se rodou na China, houbo poucos actores chineses na produción.[3] A rodaxe durou de agosto a novembro de 1931 e estreouse en 1932.[4]Modelo:Sfnb
Baseouse na historia de Henry Hervey "Sky Over China", tamén coñecida como "China Pass", que á súa vez estaba levemente baseada no incidente de Lincheng do 6 de maio de 1923 en que un señor da guerra de Shandong capturou o tren expreso de Shanghai a Pequín, tomando 25 occidentais e 300 chineses como reféns. Todos os pasaxeiros, entre os que estaba Lucy Aldrich, foron liberados.[5][6] A historia inclúe tamén elementos do conto "Boule de Suif" de Guy de Maupassant en canto a que os viaxeiros son detidos nun país en guerra e unha muller é obrigada a deitarse co comandante ao cargo. Porén, modificouse o desenlace.
Os xefes da Paramount estaban preocupados porque a Oficina Hays vixiase de preto o filme por mor da representación do reverendo Carmichael e da revolución chinesa.[7]