Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión. Véxase páxina de conversa Por favor, vexa a lista de problemas indicados neste modelo e mellóreo de acordo coas indicacións. Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado.De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde xullo de 2011)

O agroalimentario é un sector industrial centrado na produción agraria de alimentos . Este sector en Galiza pode dividirse en catro tipos de industria: cárnico, lácteo, pesca e marisqueo, e bebidas.

Características

[editar | editar a fonte]

No subsector cárnico resulta sorprendente que o consumo interior sexa menor cá produción e que o resultado comercial sexa deficitario tendo en conta tamén o incremento da habenza gandeira total. Os seus subsectores son os matadoiros e as elaboradoras.

O subsector lácteo ten un gran superávit e unha boa parte da produción destínase ó exterior. O seu subsector con máis expectativas é o das queixerías, agás polo incremento descontrolado sen capacidade comercializadora e baixa rendibilidade e creación de emprego. Esta falla estratéxica fixo intervir ós poderes públicos. Outros produtos coma manteigas e iogures son marxinais e a produción fornece só ó mercado galego, no cal as industrias propias non parecen estar en posición favorable.

Canto ás conservas enlatadas ou conxeladas, a atomización e individualismo dos produtores están permitindo presións cruzadas de provedores e distribuidores así coma a perda de oportunidades pola falla de colaboración coas empresas estranxeiras, a pesar de ter o sector conxelado e o seu asociado do frío industrial teñen dende hai uns anos unha expansión, calidade e recursos humanos sen precedentes na nosa historia.

No sector das bebidas atópanse moi diferentes situacións segundo o subsector: mentres o viño de calidade segundo Denominación de Orixe está medrando cada vez máis en cantidade (Galiza conta con cinco das chamadas empresas gacela, onde o negocio medra máis do 15% durante catro anos seguidos), calidade e exportación, ou a xestión e embotellado de auga medra coa demanda, outras bebidas aumentan moito máis a modo (cervexa) ou mesmo diminúen (gasosa).